Publicacións populares

sábado, 21 de marzo de 2015

NOTA DE PRENSA - DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES #DEFENDEOTEUPATRIMONIO

   



      As Xuventudes Socialistas da Guarda, decidimos esta tarde sumarnos a celebración do Día Internacional dos Bosques que ten lugar hoxe 21 de marzo. Debemos reivindicar a importancia destes ecosistemas dos que dependen 1600 millóns de persoas e que cubren un terzo da superficie terrestre do planeta. Os bosques son un importante reservorio de biodiversidade, que axuda na loita contra o cambio climático regulando os gases de efecto invernadoiro, protexendo a estrutura do solo fronte a erosión, ademais da súa importancia a outros niveis como o económico e o de ocio.

     O  Partido Popular, ca súa reforma da Ley de Montes non fae máis que abrir as mans da especulación neste ecosistema singular, os montes, que representan na nosa comunidade autónoma un 48% da superficie, cerca de 1.400.000 hectáreas pero que só menos de un 10% están protexidas como superficie forestal certificada. Tódalas organizacións que tentan protexer a biodiversidade para que o ser humano conviva en equilibrio co medio, como a nosa, non podemos quedarnos de brazos cruzados ante un claro ataque aos nosos bosques. Por iso dende as Xuventudes Socialistas guardesas, xunto co resto de agrupacións galegas, loitaremos contra esta Lei que é innecesaria e contraproducente, xa que non mellora a xestión dos nosos montes e bosques senón que incluso resta competencias aos axentes forestais, que non poderan denunciar delitos ambientais, ou deixar en mans das comunidades autónomas a posibilidade de permitir construir en zonas afectadas por incendios forestais.

    Tamén relacionado co medio ambiente e para colocar o foco na necesidade de políticas de concienciación social activas dende tódolos organismos, decidimos solicitar o Concello da Guarda que se sume a iniciativa de WWF-ADENA. Esta iniciativa, que leva por nome “A Hora do Planeta” e que terá lugar o día 28 de Marzo á que se adscribiron xa as principais cidades do globo e que consiste no apagado simbólico do alumeado dos edificios municipais e monumentos co obxectivo de apostar polo uso eficiente da enerxía, algo polo que o grupo socialista apostou nos últimos anos dende o Concello.

     A nosa Secretaria Xeral, Bárbara Domínguez, declarou acerca da necesidade da defensa do noso ecosistema: “Un pobo coma o noso, enclave paisaxístico singular, recoñecido incluso a nivel europeo co Premio EDEN, nestes últimos anos estivo e debe estar nos seguintes, sempre na vangarda das politicas medioambientales de cara a lograr o equilibrio e o mínimo impacto no noso preciado ecosistema. Por iso apostamos por maior implicación do resto de Administracións comezando polos gobernos do Partido Popular, ó que cas súas polémicas Lei de Costas e de Parques Naturais abriu a veda a especulación nos ecosistemas sostibles e que quere rematar agora co pulmón da nosa natureza, con esta reforma da Lei de Montes.”


XUVENTUDES SOCIALISTAS DA GUARDA 

venres, 20 de marzo de 2015

MOCIÓN SOBRE A INVERSIÓN DA XUNTA NAS INSTALACIÓNS EDUCATIVAS MUNICIPAIS

O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE da Guarda, coa participación das Xuventudes Socialistas da Guarda, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presentan esta MOCIÓN relacionada ca ”INVERSIÓN DA XUNTA NAS INSTALACIÓNS EDUCATIVAS MUNICIPAIS”.

MOCIÓN SOBRE A HORA DO PLANETA E A REFORMA DA LEI DE MONTES DO PP

O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE da Guarda, por petición das Xuventudes Socialistas da Guarda, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa de aplicación, presentan esta MOCIÓN relativa a “A HORA DO PLANETA”.

luns, 9 de marzo de 2015

A INVERSIÓN MUNICIPAL EN EDUCACIÓN

NOTA DE PRENSA DA CONCELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN DO CONCELLO DA GUARDA 

Ante as últimas peticións da Xefatura Territorial de Educación, o Concelleiro de Educación Antonio Lomba, explicou cales son as medidas municipais nas súas correspondentes competencias, instando de novo a que cumpla o prometido nos centros nos que é a administración galega a que debe actuar. Malía que o PP quere convertir este deficit de atención o ensino guardés nun cruce de acusacións, so é necesario observar os números para darse conta de que nos últimos 6 anos a Consellería de Educación destinou, salvo en casos de forza maior coma o da cuberta do Sinde, ou a necesaria inversión no CEIP, non foi máis que de 33.000 €. Como denunciamos a pasada semana, a Xunta ten na Guarda #OEnsinoEsquecido, para demostrar que non queren máis que botar balóns fora, aqui adxuntamos a nota de prensa na que se expón o investimento en materia de Educación.

domingo, 8 de marzo de 2015

COMUNICADO POLO 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe é un dia moi importante para todas nos. 8 de Marzo, dia internacional das mulleres dia que naceu coa finalidade de reivindicar e loitar por uns dereitos os que cada vez xurden mais trabas. A desigualdade fae cada vez mais mella na nosa sociedade, a diferencia entre os soldos dos homes e das mulleres ou o feito de que unha muller nai gañe menos son so algúns dos moitos exemplos que reflexan o atraso que vive a nosa sociedade en materia de igualdade.

Levamos loitando moito tempo por esa igualdade de sexos, está sendo un longo camiño e sabemos que queda moito por recorrer pero nestes anos xa conseguimos moito e seguiremos conseguindo mais. Algún dia as mulleres terán dereito os mesmos soldos que os homes, houbo un tempo no que a muller non podia realizarse como tal, houbo un tempo no que a muller so podia limitar o seu papel na sociedade como "ama de casa".

Hoxe somos as mais preparadas, somos as que temos maior capacidade para desmpeñar calquera traballo que nos poñan por diante. Conseguiremos vencer as politicas patriarcais actuais, como xa logramos hai anos dereitos como o sufraxio feminino. Pero queremos mais, queremos que as mulleres reciban o mesmo trato nos postos de traballo ca eles, queremos que a muller non cobre menos por cada novo fillo que ten, unha muller nai cobra menos que unha muller que non o é, unha muller con dos fillos cobra menos que unha muller cun só fillo, algo que se analizas lentamente ven a decirnos que a maternidade está laboralmente castigada.


Galicia é a segunda comunidade autonoma cos salarios mais baixos, e co paro feminino moi por enriba do paro masculino. Nos, as mulleres cas nosas loitas fomos capaces de conseguir cousas que xamais pensariamos ter e continuamos nesa loita, continuaremos ata conseguir todos e cada un dos dereitos que nos merecemos e que tanto precisamos. Por iso ti galego ou galega, guardés ou guardesa, érguete!, actua! defende unha sociedade igualitaria, como muller, como pai ou como fillo, hoxe, maña e os trescentos sesenta e cinco días do ano!