Publicacións populares

martes, 26 de maio de 2015

PREGUNTA ABERTA - ELECCIONS 24 DE MAIO

¿Que fixeches o pasado domingo 24 de Maio? 

Abrimos un espacio de discusión sobre ás eleccións do 24 de Maio, nesta primeira quenda sobre a participación xeral. ¿A existencia de máis candidaturas mellorou a representación da vila? ¿Tiñas claro a opción que te representaba? Danos todas ás túas opinions nesta pregunta aberta en quoners.es, a ferramenta social de participación.


Debate y participa con tu voto y tus argumentos:
Cargando el debate... Si el debate no se muestra, puedes verlo en http://www.quoners.es/debate/este-24-de-maio-votaches

domingo, 24 de maio de 2015

ELECCIÓNS MUNICIPAIS


As Xuventudes Socialistas da Guarda, en nome tamén do PSdG-PSOE A Guarda quere agradecer a todas as guardesas  e guardeses a súa participación nesta xornada sen incidentes, demostrando, como a nosa vila é e será caracterizada pola sua implicación democrática.

Implicación democrática polo afán participativo e de activismo politico das xentes da nosa vila, onde se presentaron seis candidaturas a estes comicios. Felicitar a todas as persoas que participaron neste proceso electoral, onde todolos grupos políticos conseguimos crear un amplo debate sobre o que realmente precisa A Guarda, e darlle a capacidade a xente de poder reflexar as súas opinións e o seu voto nunha das distintas candidaturas que se presentan. Queremos felicitar tamén a todas as persoas voluntarias, que durante todo o día estiveron nas mesas como interventoras e apoderadas das distintas candidaturas, e tamén as distintas que compuxeron as mesas electorais, polo seu esforzo e adicación neste día tan importante para o futuro da nosa vila.

Somos nos, a sección xove, os que facemos este primeiro comunicado no nome dos Socialistas da Guarda porque queríamos salientar, como exemplo desa implicación democrática a alta participación da mocidade guardesa nestes comicios, según os primeiros sondeos a pé de rúa, demostrando como a mocidade quere máis participación na politica, porque como sempre defendemos dende ás XX.SS. “sen xuventude non hai futuro”. Debemos ser e demostramolo día a día, voz importante a escoitar no futuro que nós espera. Na nosa vila pode percibirse unha mocidade comprometida, con inquedanzas, participativa en tódolos ámbitos, dende o cultural ata o político, e hoxe demostrou que as que para moitos eran xeracións perdidas, serán as xeracións que cambien a nosa política.

Antes de coñecer os resultados, queriamos incidir nestes dous puntos a alta participación da mocidade que sabe que a democracia é a arma máis poderosa para cambiar o noso futuro, e na adicación de todos os que participaron votando, e nas distintas mesas electorais, tanto os dos partidos, como os presidentes e vocais das mesas, sen vós a festa da democracia non sería posible.
Saúde e República,

Xuventudes Socialistas da Guarda

Secretaría de Organización.

martes, 12 de maio de 2015

DÍA DA FIBROMIALXIA

"Decir fibromialxia custa, pero o que esta puñetera enfermidade lle fai a unha é, como mínimo, desesperante. 
[..] 
¿Qué é o que me doe? Comecemos a lista:
As cervicais, o oso sacro; o hombreiro dereito matame, o esquerdo mortificame, un xeonllo, lumbares..., suma a falta de descanso nocturno e o agotamento que fae que a cada paso lle teñas que pedir permiso ó tu cerebro para que pule teu corpo; calambres, espasmos e un longo etcétera.[...]”

luns, 11 de maio de 2015

BUSQUEDA DO TESOURO SOLIDARIA Gracias a Todos!


Esta pasada fin de semana tivo lugar a "Búsqueda do tesouro solidaria" que organizamos as Xuventudes Socialistas da Guarda, que deu comezo no Castelo de Santa Cruz. Queremos agradecer a tod@s os que participaron e aportaron o seu grao de area para que esta actividade pudese realizarse, nais, pais, voluntarios que se achegaron e colaboraron activamente e a toda a xente que durante o percorrido axudou @s nen@s nas distinta probas, que demostraron ser uns grandes buscador@s.