Publicacións populares

venres, 4 de decembro de 2015

As XSG-A Guarda apoian a actividade alternativa pola presenza de circos que utilizan animais salvaxes.

As Xuventudes Socialistas de Galicia - A Guarda presentaron onte xunto cos Socialistas da Guarda unha moción para evitar a instalación de circos que empreguen animais salvaxes no noso Concello, enmarcada con varias accións para a defensa dos animais, pero que, polos acontecementos recentes consideramos importante desmarcar do proxecto inicial e mostrar a nosa postura.

A instalacion de este tipo de circos é dificil de evitar na nosa vila polo emprego de fincas privadas para o seu espectáculo, ademáis das competencias reguladoras de outras institucións sobre este tema, polo que debemos ampliar esta prohibición municipal a outros eidos, enmarcando estas accións nunha maior sensibilización cara o respeto os animais na nosa contorna. A prohibición da publicidade e as instancias os gobernos non serán efectivas se non conseguimos que a demanda destes espectáculos desapareza do público infantil, polo que a promoción de actividades que si que reflictan a realidade do habitat de estes animais debe estar tamén presentes. 

Por isto as XSG - A Guarda apoiamos a actividade alternativa programada para o sábado, a mesma hora do circo, as 19.30. O visionado do filme “Tierra” no Salón de Actos do Centro cultural da Guarda, organizada polo Colectivo pola Supresión dos Espectáculos con Animais na Guarda, ca colaboración da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) e o Concello da Guarda. 


As XSG desenvolveron no verán pasado en Galicia unha campaña para a prohibición dos circos que empreguen animais salvaxes nos Concellos, pero dende a agrupacion guardesa consideramos que non só sufren os animais nos circos polo que entendemos máis que necesario a creación dunha ordenanza específica, que recolla os dereitos dos animais na nosa vila para que o Concello poida actuar ante situacións de desprotección. Por iso levamos traballando xunto co grupo municipal socialista, varios meses na creación desta ordenanza, para situar A Guarda xunto con outras vilas, no mapa das poboacións que respectan e defenden totalmente os dereitos dos animais. 

Para evitar que volva a producirse a instalación destes circo no curto plazo, e visto que outros grupos xa trouxeron a pleno mocions similares, que non acabaron en consenso, as mozas e mozos socialistas non podiamos outra cousa que deixar clara a nosa posición presentando esta moción que esperamos vaia adiante no próximo pleno, así como comezando outras accións ante a Xunta de Galicia e o Goberno central para que tente evitar a existencia destes espectáculos. 

Para visibilizar esta repulsa, as XSG - A Guarda xunto con outras asociacións da vila comezaremos unha recollida de firmas para deixar clara a posicion da sociedade baixomiñota respecto a esta situación de indefensión animal e esixir solucións as institucións pertinentes. Continuaremos tamén traballando arreo pola defensa dos animais e o seu medio natural.

martes, 1 de decembro de 2015

CICLO LGTBI: A homofobia, a verdadeira enfermidade.

CICLO LGTBI:
QUEDA MOITO POR FACER

A homofobia, a verdadeira enfermidade.



As Xuventudes Socialistas da Guarda continuaron o pasado sábado o ciclo de charlas sobre o Colectivo LGTBI: “Queda moito por facer” no Centro Cultural da Guarda.