O 25 de xullo é o Día da Patria Galega, o noso día como nación galega, o día no que vindicamos o noso, o de sempre. Unha nación é aquela que comparte un territorio, unha historia, unha cultura e unha lingua en común. Pero ademais é aquela que ao longo dos tempos, soubo comportarse como tal, defendendo a súa tradición, o seu.
Toda a información da organización, ademais de contidos relacionados ca mocidade.
Publicacións populares
-
Fuente: Infominho "Só ata que a última árbore sexa cortada, o último rio envelenado e o último peixe pescado, só enton o home descub...
-
As Xuventudes Socialistas da Guarda, en nome tamén do PSdG-PSOE A Guarda quere agradecer a todas as guardesas e guardeses a súa parti...
sábado, 25 de xullo de 2015
sábado, 27 de xuño de 2015
Día Internacional Do Orgullo LGTB
venres, 5 de xuño de 2015
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE “SÓ TEMOS UN PLANETA”
As Xuventudes Socialistas súmanse a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
As XSG lembran a necesidade dunha xestión sostible dos recursos se queremos preservar o planeta para nos mesmos e as xeracións futuras.
martes, 26 de maio de 2015
PREGUNTA ABERTA - ELECCIONS 24 DE MAIO
¿Que fixeches o pasado domingo 24 de Maio?
Debate y participa con tu voto y tus argumentos:
Abrimos un espacio de discusión sobre ás eleccións do 24 de Maio, nesta primeira quenda sobre a participación xeral. ¿A existencia de máis candidaturas mellorou a representación da vila? ¿Tiñas claro a opción que te representaba? Danos todas ás túas opinions nesta pregunta aberta en quoners.es, a ferramenta social de participación.
Cargando el debate... Si el debate no se muestra, puedes verlo en http://www.quoners.es/debate/este-24-de-maio-votaches
domingo, 24 de maio de 2015
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
As Xuventudes Socialistas da Guarda, en nome tamén do PSdG-PSOE A Guarda
quere agradecer a todas as guardesas e
guardeses a súa participación nesta xornada sen incidentes, demostrando, como a
nosa vila é e será caracterizada pola sua implicación democrática.
Implicación democrática polo afán participativo e de activismo politico das
xentes da nosa vila, onde se presentaron seis candidaturas a estes comicios.
Felicitar a todas as persoas que participaron neste proceso electoral, onde todolos
grupos políticos conseguimos crear un amplo debate sobre o que realmente
precisa A Guarda, e darlle a capacidade a xente de poder reflexar as súas
opinións e o seu voto nunha das distintas candidaturas que se presentan.
Queremos felicitar tamén a todas as persoas voluntarias, que durante todo o día
estiveron nas mesas como interventoras e apoderadas das distintas candidaturas,
e tamén as distintas que compuxeron as mesas electorais, polo seu esforzo e
adicación neste día tan importante para o futuro da nosa vila.
Somos nos, a sección xove, os que facemos este primeiro comunicado no nome
dos Socialistas da Guarda porque queríamos salientar, como exemplo desa
implicación democrática a alta participación da mocidade guardesa nestes
comicios, según os primeiros sondeos a pé de rúa, demostrando como a mocidade
quere máis participación na politica, porque como sempre defendemos dende ás
XX.SS. “sen xuventude non hai futuro”. Debemos ser e demostramolo día a día, voz
importante a escoitar no futuro que nós espera. Na nosa vila pode percibirse unha
mocidade comprometida, con inquedanzas, participativa en tódolos ámbitos, dende
o cultural ata o político, e hoxe demostrou que as que para moitos eran xeracións
perdidas, serán as xeracións que cambien a nosa política.
Antes de coñecer os resultados, queriamos incidir nestes dous puntos a alta
participación da mocidade que sabe que a democracia é
a arma máis poderosa para cambiar o noso futuro, e na adicación de todos os que
participaron votando, e nas distintas mesas electorais, tanto os dos partidos,
como os presidentes e vocais das mesas, sen vós a festa da democracia non sería
posible.
Saúde e República,
Xuventudes Socialistas da Guarda
Secretaría de Organización.
martes, 12 de maio de 2015
DÍA DA FIBROMIALXIA
"Decir fibromialxia custa, pero o que esta puñetera enfermidade lle fai a unha é, como mínimo, desesperante.
[..]
¿Qué é o que me doe? Comecemos a lista:
As cervicais, o oso sacro; o hombreiro dereito matame, o esquerdo mortificame, un xeonllo, lumbares..., suma a falta de descanso nocturno e o agotamento que fae que a cada paso lle teñas que pedir permiso ó tu cerebro para que pule teu corpo; calambres, espasmos e un longo etcétera.[...]”
luns, 11 de maio de 2015
BUSQUEDA DO TESOURO SOLIDARIA Gracias a Todos!
Esta pasada fin de
semana tivo lugar a "Búsqueda do tesouro solidaria" que
organizamos as Xuventudes Socialistas da Guarda, que deu comezo no
Castelo de Santa Cruz. Queremos agradecer a tod@s os que participaron
e aportaron o seu grao de area para que esta actividade pudese
realizarse, nais, pais, voluntarios que se achegaron e colaboraron
activamente e a toda a xente que
durante o percorrido axudou @s nen@s nas distinta probas, que demostraron ser uns grandes buscador@s.
mércores, 29 de abril de 2015
9 DE MAIO: A BUSQUEDA DO TESOURO SOLIDARIA
Este sábado 9 de maio, as 16.00h, no Castillo de Santa Cruz realizaremos unha “Busqueda do Tesouro Solidaria”, na que
nos gustarían que participaran nen@s
de idade comprendida entre os 10 e os 16 anos.
xoves, 9 de abril de 2015
HOMENAXE ÁS REDEIRAS SABADO 11, 11.00h MUSEO DO MAR
As Xuventudes Socialistas da Guarda, este vindeiro Sábado dia 11, as 11.00h da maña no Museo do Mar da Guarda (a antigua Atalaia), homexanearemos a figura das redeiras da nosa vila, para ensalzar a figura da muller no ámbito mariñeiro, nun oficio ao que estiveron vinculadas moitas familias da nosa vila.
Localización:
A Guarda, Pontevedra, España
sábado, 21 de marzo de 2015
NOTA DE PRENSA - DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES #DEFENDEOTEUPATRIMONIO
As
Xuventudes Socialistas da Guarda, decidimos esta tarde sumarnos a
celebración do Día Internacional dos Bosques que ten lugar hoxe 21
de marzo. Debemos reivindicar a importancia destes ecosistemas dos
que dependen 1600 millóns de persoas e que cubren un terzo da
superficie terrestre do planeta. Os bosques son un importante
reservorio de biodiversidade, que axuda na loita contra o cambio
climático regulando os gases de efecto invernadoiro, protexendo a
estrutura do solo fronte a erosión, ademais da súa importancia a
outros niveis como o económico e o de ocio.
O Partido Popular, ca súa reforma da Ley de Montes non fae máis que
abrir as mans da especulación neste ecosistema singular, os montes,
que representan na nosa comunidade autónoma un 48% da superficie,
cerca de 1.400.000 hectáreas pero que só menos de un 10% están
protexidas como superficie forestal certificada. Tódalas
organizacións que tentan protexer a biodiversidade para que o ser
humano conviva en equilibrio co medio, como a nosa, non podemos
quedarnos de brazos cruzados ante un claro ataque aos nosos bosques.
Por iso dende as Xuventudes Socialistas guardesas, xunto co resto de
agrupacións galegas, loitaremos contra esta Lei que é innecesaria e
contraproducente, xa que non mellora a xestión dos nosos montes e
bosques senón que incluso resta competencias aos axentes forestais,
que non poderan denunciar delitos ambientais, ou deixar en mans das
comunidades autónomas a posibilidade de permitir construir en zonas
afectadas por incendios forestais.
Tamén
relacionado co medio ambiente e para colocar o foco na necesidade de
políticas de concienciación social activas dende tódolos
organismos, decidimos solicitar o Concello da Guarda que se sume a
iniciativa de WWF-ADENA. Esta iniciativa, que leva por nome “A Hora
do Planeta” e que terá lugar o día 28 de Marzo á que se
adscribiron xa as principais cidades do globo e que consiste no
apagado simbólico do alumeado dos edificios municipais e monumentos
co obxectivo de apostar polo uso eficiente da enerxía, algo polo que
o grupo socialista apostou nos últimos anos dende o Concello.
A
nosa Secretaria Xeral, Bárbara Domínguez, declarou acerca da necesidade da defensa do noso ecosistema: “Un pobo coma
o noso, enclave paisaxístico singular, recoñecido incluso a nivel
europeo co Premio EDEN, nestes últimos anos estivo e debe estar nos
seguintes, sempre na vangarda das politicas medioambientales de cara
a lograr o equilibrio e o mínimo impacto no noso preciado
ecosistema. Por iso apostamos por maior implicación do resto de
Administracións comezando polos gobernos do Partido Popular, ó que
cas súas polémicas Lei de Costas e de Parques Naturais abriu a veda
a especulación nos ecosistemas sostibles e que quere rematar agora
co pulmón da nosa natureza, con esta reforma da Lei de Montes.”
XUVENTUDES
SOCIALISTAS DA GUARDA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





%2B22.24.51.png)
