“O
acoso por razón da orientación sexual é un dos máis complicados
para a víctima pois o rechazo pode vir en tódolos estratos da vida
do alumno: aulas, profesores, familia, amigos... Debemos sensibilizar tamén ao
entorno desta realidade diversa na que nos movemos. Isto axudara a que o seu
desenvolvemento persoal sea moito máis satisfactorio que o que lle
tocou vivir a xeracións anteriores.”
Na
educación aínda queda #MoitoXFacer para o colectivo LGTBI, pero
como quedou evidenciado onte na charla coloquio organizada polas
XSG-A Guarda en colaboración co IES A Sangriña, avanzamos moito na
nosa comarca nestes dez anos dende a aprobación da lei do matrimonio
igualitario.
A terceira
sesión do ciclo LGTBI que esta desenvolvendo a organización xuvenil
guardesa, levouse a cabo no propio centro lectivo para desenvolver un
debate aberto sobre como esta a situación do colectivo nas aulas
guardesas, non so cos comportamentos individuais senón tamén
colectivos.
“Día
a día pasan por esta cafetería centos de adolescentes sen
percatarse de que a diversidade está presente ao seu redor. Máis
visibilización e concienciación son a única saída de futuro para
a normalización do colectivo.” así deu comezo unha charla na que
participaron activamente expertos no tema a tratar, profesional
docente dos centros da vila e pais e nais de alumnos do colectivo,
así como compañeiros socialistas de Mos, Vigo, Oia, Tomiño e O
Rosal.
Esta terceira charla desenvolveuse na Cafeteria do IES A Sangriña |
Estela Fernández,
experta en igualdade xa presente en pasadas edicións do ciclo, foi a
encargada de enmarcar o coloquio: “O importante de tódalas accións
é tentar que perdure o pensamento de diversidade nos adolescentes,
na comunidade educativa e que ese mensaxe chegue tamén as familias e
a outros ámbitos, para así loitar contra os perxuizos xa presentes
na nosa sociedade, por desgraza cortada e sesgada pola
heteronormatividade, moi ligada o pensamento de masculinidade, polo
que nos encontramos na maioría das veces con comportamentos
machistas”. Como subliñou en varias partes da súa intervención,
debemos "sensibilizar tamén o entorno desta realidade diversa
na que nos movemos”, algo moi presente no posterior debate.
Elena Baz,
Concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, declarou que o
Concello esta estudando como “reforzar o traballo que se ven
desenvolvendo na vila para a concienciación e prevención do acoso
de todo tipo nas aulas, asi como outros eidos como a violencia de
xénero, no que observamos como as taxas entre os adolescentes son
cada vez maiores. Debemos loitar por unha vila onde o machismo non
poda pervivir.”
Nas próximas
semanas as XSG - A Guarda presentaran unha serie de novos proxectos
no ámbito LGTBI así como a fecha da seguinte charla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario