[...]"A redifinición do papel da muller foi unha peza clave na maquinaria represiva, o poder disciplinario e a imposición dunha sociedad patriarcal, nacional-católica do réxime dictatorial do 36. Mediante leis, normativas, modelos educativos e a Sección Femenina, o réxime franquista impulsou un arcaico arquetipo femenino recatado e sumiso, que expulsaba ás mulleres de toda actividade no ámbito público, sendo o fogar e a familia os únicos espazos autorizados."[...]
Asi comezábamos fai un ano o noso comunicado contra a violencia de xénero e asi o seguiremos abrindo ano tras ano mentras non deixemos de perder a compañeiras, amigas, nais, avoas, fillas a máns de asesinos, o verdadeiro nom dos agresores. Este arcaico pensamento de superioridade ainda segue hoxe en día palpabel na nosa sociedade.
Tras participar na marcha do 7N impulsada polo movemento feminista, as XSG temos que seguir demostrando o noso compromiso pola erradicación desta lacra que está a asolar a nosa sociedade. Este ano, no que tantas mulleres foron asasinadas polo machismo máis noxento temos que saír á rúa e reivindicar unha sociedade libre de asasinos que acaban coa vida das súas parellas e en moitos casos dos seus fillos/as polo simple feito de ser mulleres. Na provincia de Pontevedra vivimos con crueldade 6 asesinatos este ano 2015, no que tamen se levaron por diante a vida de dous menores a máns do seu proxenitor.
A Secretaria de Xeral das XSG-A Guarda, Bárbara Domínguez, declarou que"vivimos nunha sociedade na que por desgracia día a día seguen aparecendo novos casos de asasinatos e estadísticas nas que observamos que milleiros de mulleres en toda España viven ameazadas, pero o peor de todo é que cada día que pasa o noso Goberno non fai nada a pesares de ter o apoio da oposición para conseguir un pacto de Estado contra a Violencia de Xénero."
"Observamos tamén novas formas de violencia cara a muller, dende a linguaxe, a publicidade, os medios de comunicación, etc... que non fai máis que alimentar e asentar vellos pensamentos na nosa sociedade. A educación actual demostrase ineficaz cando observamos como diminue a idade na que comezamos a observar estes comportamentos, tendo ás cifras máis altas de violencia de xénero en menores da nosa historia."
As XSG-A Guarda, denuncian a situación de desatención institucional á que os gobernos conservadores do Partido Popular someteron a tódalas mulleres nestes últimos catro anos ca escusa dos recortes económicos, evidenciandose precisamente ao non presentarse na Marcha contra a Violencia de Xénero do 7 de novembro, para demostrar a súa vontade política, pero o próximo 20D as tornas cambiarán e esa indefensión rematara cun novo goberno progresista que loite xunto as mulleres contra todos os maltratadores. Ante esta violencia non queremos permanecer impasibles porque para o PSdG-PSOE e as XSG, a igualdade entre mulleres e homes é un principio fundamental.
Comisión de Igualdade
Xuventudes Socialistas de Galicia - A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario