CICLO LGTBI:
QUEDA MOITO POR FACER
A homofobia, a verdadeira enfermidade.
As Xuventudes Socialistas da Guarda continuaron o pasado sábado o ciclo de charlas sobre o Colectivo LGTBI: “Queda moito por facer” no Centro Cultural da Guarda.
En segundo lugar Carmen Gallego, unha das impulsoras da primeira lei contra a discriminación LGTBI en España como parlamentaria do PSdG-PSOE, explicou a gran importancia de algúns aspectos desta lei aprobada en 2014 no Parlamento de Galicia que non están sendo aplicados na actualidade para mellorar a visibilización do colectivo, como poden ser os escasos recursos para a educación en diversidade ou as distintas campañas nas que sempre esquecen que xa non só existen parellas e familias heterosexuais. Tamén explicou que “toca agora rematar o traballo comezado fai dez anos, agora toca acadar a total igualdade sexual, ainda que os conservadores sigan poñendo trabas.”
“As XSG - A Guarda buscamos abrir na sociedade guardesa temas tabú ás veces agochados no noso día a día como son a transexualidade, a homofobia ou a discriminación laboral, ainda presentes no noso pais para o colectivo LGTBI; tamén mostrar ferramentas para axudar a eliminar todolos estereotipos creados por décadas de rancio conservadurismo que ainda impregnan a nosa sociedade. Agradecemos a participación de todos e todas e esperamos a vosa presenza na próxima charla que versará sobre a educación en diversidade”, así pechou o acto o Coord. LGTBI das XSG-A Guarda, Iván Rodríguez, agradecendo a súa presenza ós presentes, entre os que se encontraban distintos membros das agrupacións socialistas do Baixo Miño e membros da executiva galega das XSG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario