Publicacións populares

martes, 11 de abril de 2017

AS XSG - A GUARDA TILDAN DE “IRRESPONSABLE E INFANTIL” A ACTITUDE DO PP NO ÚLTIMO PLENO.






AS XSG-A GUARDA TILDAN DE “IRRESPONSABLE E INFANTIL” A ACTITUDE DO PP NO ÚLTIMO PLENO.

O pasado venres 31 celebrouse o pleno da Corporación Municipal no Concello da Guarda e a organización xuvenil socialista pide máis cordura e menos titulares ao grupo popular guardés, centrándose en aportar alá onde “pode e debe” e non pondo “paus nas rodas”.


As Xuventudes Socialistas da Guarda aínda non saíron do seu abraio ante a actitude da edil popular Mª Concepción Ortega, obviando a posición que ocupa, como se estivera “no patio do colexio”. Ademais das formas, lamentables, a portavoz do PP de A Guarda demostrou carecer de fondo no seu discurso e plan a longo prazo para a vila. Continuas interrupcións, contestacións fora de lugar e falta de respecto os compañeiros son claras demostracións do nerviosismo da portavoz popular ante a súa ineficiencia. Para o grupo popular todo vai mal na Guarda, sen dignarse a facer autocrítica dos erros que comete o seu partido tanto na oposición local como no goberno autonómico; sen dignarse a coñecer o funcionamento do pleno e ninguneando o traballo dos técnicos e membros do Concello.

En primeiro lugar, falando do solo industrial na Guarda, demostrando o interese partidista en que sexa o Concello e non os verdadeiros responsables, a Xunta de Galicia, os que se encarguen de solventar o problema. O portavoz do grupo municipal socialista, Miguel Español, relatou como nunha das reunións mantidas no Instituto de Solo e Vivenda de Galicia, lles explicaron tanto ao alcalde como a el mesmo, que o polígono guardés “nin está nin se lle espera” na planificación do organismo. Isto demostra o interese do Partido Popular galego no solo industrial guardés, nulo, e tamén a interese en buscar titulares soados para encubrir a súa inoperancia, máxima, como demostrou nos dias posteriores na prensa. Casualmente, referíndose a este tema varios grupos pediron a edil popular que evitaran o ridículo de sacar na prensa que tódolos grupos estaban en contra do emprego en A Guarda. Como observamos unha semana, despois, tras mentir no pleno, tamén o fan na prensa, contando solo o que lles interesa.

Para o Coordinador Comarcal, Iván Rodríguez é “unha auténtica vergoña que veñan a erixirse como os salvadores da vila cando por culpa deles e os seus compañeiros en San Caetano, a industria guardesa está como está. Non só non desenrolan o chan industrial comprometido senón que ademais quitan os cartos de infraestruturas imprescindibles como o vial. ¿Como pretende que o Concello saque adiante o proxecto sen o pulo dos organismos encargados? Hai moitas cuestións que o PP esquece a súa vontade con tal de ter un bó titular o día seguinte.”

En segundo lugar, dende a organización xuvenil denuncian “o flaco favor que fan a vila co seu “non se fae nada” e pobo “gris e esquecido”, inútil en campaña electoral e inútil agora mesmo. O PP está obviando o traballo que realiza tanto a corporación como os técnicos do Concello, que nos levou, por exemplo, a conseguir tres Diplomas SICTED na Gala de Turismo Rias Baixas neste último ano. Chama a atención a molestia que causa no grupo Popular o éxito da vila e o recoñecemento obtido no sector turístico, sendo exemplo para outros concellos con maior tradición turística e que buscan mellorar como fixo A Guarda.”

Por último, as XSG queren tamén resaltar a hipocresía da edil do PP guardés respecto a unha moción referida o 8 de Marzo para desenvolver maiores políticas de igualdade na nosa vila. Nas verbas da Secretaria Xeral das XSG-A Guarda, Bárbara Domínguez: “Sen entrar en detalles, consideramos unha indecencia que o partido máis machista deste pais, que mantén nos seus postos a personaxes do nivel de Baltar ou Santiago Freire, que máis recortou nos plans de igualdade e que aínda non comprende a lacra que vive o noso pais, nos veña a dar leccións o resto de grupos sobre como debe facerse. Pedímoslle humildade e menos cinismo a portavoz popular, como representante pública e sobre todo como muller.”

Por isto as Xuventudes Socialistas da Guarda vense na obriga de pedirlle o Partido Popular en primeiro lugar que aporte alá onde pode e debe, en Santiago e Madrid, para conseguir que A Guarda e o Baixo Miño non sexas esquecidos por esas institucións; que deixen de pintar A Guarda de gris nas súas notas de prensa e intervencións no pleno, pois demostrase cada día como é un destino turístico de relevancia tanto provincial como europeo e que non poñan máis “paus nas rodas” para o progreso da nosa vila e contorna.

Ningún comentario:

Publicar un comentario