O
Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE da
Guarda, coa participación das Xuventudes Socialistas da Guarda, en
base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de
Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais
e demais normativa de aplicación, presentan esta MOCIÓN
relacionada
ca ”INVERSIÓN
DA XUNTA NAS INSTALACIÓNS EDUCATIVAS MUNICIPAIS”.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
Nos
últimos anos vimos observando como a Xunta de Galicia ven atacando
todos aqueles dereitos e servizos que logramos tras máis de trinta
anos de aposta polo estado do benestar, xa que non só cos suas
politicas privatizadoras da sanidade ou na falta de opcións no
emprego sostible e de calidade na nosa comunidade, senon tamén agora
pondo en peligro os usuarios dalgúns centros de ensino da nosa vila
ao non acometer certas obras, como prometeu fai alguns meses a
Consellería de Educación.
A
deixadez nas suas funcións non é máis que a demostración práctica
do que xa viñamos observando no plano teórico cos últimos
orzamentos nos que vemos o escaso diñeiro destinado a educación en
comparación aos últimos anos por exemplo no ámbito universitario.
A
inversión realizada nos últimos anos non arranxa o estado das
instalacións educativas, polo que non vale de nada escudarse en
cifras claramente infladas e non realistas. En moitos casos son obras
que se atopan en estado obsoleto como a rede de datos do instituto. A
efectos prácticos a inversión na nosa vila e os seus centros, como
en toda Galicia cada ano é menor, como consecuencia das políticas
levadas a cabo polo goberno do Señor Feijoo. Pola contra, dende o
Concello adícanse cada ano máis recursos á mellora da Educación
na nosa vila, pero non son suficientes para acometer obras de gran
dimensión como pode ser o arranxo da cuberta do Pavillón das
Solanas.
A
Xunta de Galicia é a responsable do arranxo da cuberta do patio
interior do CEIP A Sangriña, malia que parece esquecer as súas
competencias, a pesar das continuas peticións dos afectados,
estudantes e docentes e os compromisos adquiridos ante eles.
Porén,
propoñemos ao Pleno Municipal a adopción do seguinte ACORDO:
1.-
Instar á Consellería de Educación que acometa as obras
comprometidas ante os Consellos Escolares dos centros afectados e as
Asociacións de Nais e Pais da vila.
En
A Guarda, a 19 de Marzo de 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario