Publicacións populares

mércores, 10 de decembro de 2014

COMUNICADO POLO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS




Hoxe é o Día Internacional dos Dereitos Humanos, un principio fundamental e necesario para todalas persoas. A non discriminación é un principio transversal no Dereito Internacional dos Dereitos Humanos, todas as persoas teñen os mesmos dereitos independentemente da sua raza, relixión, ideoloxia , lengua ou procedencia.






O problema xorde cando estés dereitos non se cumplen nin sequera nos paises "globalizados" e temos todos eses exemplos nos nosos días, mulleres que perden o seu traballo por estar embarazadas, persoas de outra raza que son discriminadas laboralmente, mulleres e homes que son acusadas dun delito que non cometeron e non teñen o dereito a un xuizo xusto, ou viceversa, indultos ante comportamentos racistas. Todos eses dereitos inalienables e que fae moito tempo foron vinculados inherentemente ao ser humano deben cumplirse sempre e como seres humanos temos que loitar porque se cumplan. A liberdade de expresión, a libre difusión de ideas  é outro dereito que debemos defender, todos temos que poder decir o que queremos e pensamos, pois niso consiste a democracia, en chegar a un consenso na toma de decisións. Para intentar acadar unha mellor sociedade, precisamos da axuda de todos xa que temos a capacidade como seres humanos de falar, de pensar, de expresarnos e temos que impedir que non sexamos escoitados.

Outro dereito é a igualdade, de calqueira tipo algo que por desgracia cada vez esta mais vulnerado, e moi triste e a vez frustrante que a pleno sigo XXI atopemos individuos que sufren no seu ambito social, laboral, económico, ou político, un sinfín de actos discriminatorios por motivos de sexo ou raza.  A pesar da loita que se fae cada día para intentar que cada vez exista menos discriminacion, todavia encontramos colectivos ou persoas individuais  que incitan esta desigualdade dende a sua posición.

Seguen existindo miles e miles de casos cada día que non debemos esquecer e polos que temos que traballar o resto do ano, para protexer o que nos fae personas, eses dereitos que tanto tempo nos costou lograr. 

Uns que quizais sexan mais importantes a protexer, son os dos nenos. Moitos países todavía nos encontramos cun neno indefenso,  un neno explotado, nos que teñen que sufrir unha serie de infamias producidas polas decisións duns cuantos. Os nenos como nenos que son, non deben ocupar lugares na sociedade que non lles correponde.  Hai nenos e nenas que vense despoxados sua vida desempeñando 
Eleanor Roosvelt sostendo a
 Declaración Universal dos Dereitos Humanos
traballos nos que son exclavos, , sen apenas un anaco de pan e un vaso de auga para levarse a boca, loitan por sobrevivir, nunha vida que non elixiron. Nin os nenos e nena, nin ningun home  ou muller deste planeta pode verse privado do seu dereito a libre decisión sobre a sua vida. 

Por iso, o traballo de moitos defensores e defensoras dos dereitos humanos, persoaxes anónimas ou públicas que día a día poñen o seu grito para denunciar una desigualdade, debe ser valorado e recompensado, pero tamen debe ser escoitado, e tocanos aos cidadáns recoller o testigo, loitando contra as desigualdades que por desgraza non conseguimos erradicar dende aquel 10 de decembro de 1948, cando en París se rubricou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Debemos seguir traballando arreo homes e mulleres, para continuar educandonos nunha sociedade igualitaria e solidaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario