Publicacións populares

venres, 16 de xaneiro de 2015

DECÁLOGO PARA O ANO 2015




XUVENTUDES SOCIALISTAS DA GUARDA

Traballando pola mocidade guardesa. Socialistas, republicanas, galeguistas, laicas, feministas e pacifistas.







1 – Loitar por un sistema máis xusto, para reducir a desigualdade creada nos últimos anos.

2
– Defensa da sanidade e educación tanto pública como universal como piares básicos.

3 – Configuración das propostas municipais de maneira participativa e horizontal ca cidadanía

4– Acadar maior transparencia dos organismos e cargos públicos, organizacións políticas e todas aquelas institucións das que reciban axudas públicas

5 – Continuar traballando a prol dunha sociedade máis igualitaria, onde o papel de homes e mulleres teña o mesmo valor.

6 – Dinamizar as oportunidades dos xovenes traballadores e novos emprendedores.

7 – Optimización da oferta turística para continuar sendo referencia no turismo sostible.

8 – Mellora das pistas de deportes minoritariosmaior pulo aos clubes guardeses.

9 – Recuperación da Memoria Histórica.

10 – Mellora da oferta cultural na vila.


Sabemos que non vai ser un traballo doado pero faremolo con toda a ilusión do mundo, tentando mellorar día a día cas vosas aportacións e impresions. Todo aquel que queira axudarnos na nosa andaina podese por en contacto con nos mediante o noso Facebook, Twitter (@XSAGuarda), ou e-mail:


Dende a Secretaria de Organización das Xuventudes Socialistas da Guarda temos o pracer de presentar a nosa folla de ruta para este ano 2015 que acaba de comenzar e no que tentaremos seguir medrando como organización, para axudar a movilización política xuvenil do noso pobo cara posicións máis progresistas. Para iso plantexamos dez puntos nos que traballar neste ano para demostrar tanto a necesidade da participación ciudadana, especialmente a dos mozos e mozas guardesas, como a importancia dun futuro que vire cara o progreso e a xustiza social. Aqui abaixo expoñemos un pouco mellor tódolos puntos:

1 – Loitar por un sistema máis xusto, para reducir a desigualdade creada nos últimos anos.

Non podemos permitir que nun pobo dun pais desenrolado coma o noso, encontremos xente que non pode levar un prato de comida a súa mesa ou que non poidan encender a calefacción en inverno. Os datos amosan que 800 galegos morren cada ano por non poder dispor dos recursos económicos para ter calefacción nas suas casas; ou que en máis de 30.000 fogares non entra ningun salario.

Unha das loitas a ter en conta nos seguintes anos é a reducción das desigualdades creadas por un sistema que se coñece inxusto por natureza. A exclusión social é algo que hai que combatir, tanto por todolos que loitaron pola cidadanía para acadar un estado que asegure a posibilidade de sobrevivir dignamente, como por todolos que seguiremos aqui e que seremos o tecido vertebrador da sociedade futura, máis xusta tanto económica como socialmente.

Para iso creemos que a integración horizontal do Concello é prioritario para unha mellor optimización de todolos proxectos que se están levando a cabo na nosa vila, para asi conseguir que a solidaridade é a unión venza as diferenzas creadas por afán duns poucos. Anciás que perderon os seus aforros nas preferentes, familias desafiuzadas do seu fogar, persoas dependentes, traballadores explotados, xoves sen oportunidades de futuro, familias con parados de longa duración e un longo etcetera de persoas ou colectivos... A recuperación de todolos seus dereitos han de ser prioridade na loita socialista para este ano que entra, pois foron eles os primeiros damnificados polo neoliberalismo extremo que se puxo en práctica nos últimos anos. 

2
 – Defensa da sanidade e educación tanto pública como universal como piares básicos.


Os ataques que se veñen facendo a Sanidade e a Educación públicas no contexto da crise económica non poden ser permitidos dende as máis pequenas esferas do contexto político. Debe ser algo prioritario no grupo Municipal a defensa a ultranza destes dous pilares básicos do estado de benestar, estado polo que loita a socialdemocracia que representamos.

Por tanto esperamos un posicionamento claro e visible do PSOE- A Guarda nas campañas e reunións que se desenrolen no entorno do PSdG-PSOE sobre estes e outros temas para levar a voz do progresismo guardés ao Partido como históricamente lle corresponde. Ademáis tentaremos por en práctica máis mecanismos de defensa dos colectivos afectados polos recortes para tentar que a cidadania teña os servizos que lle correspondan, tanto na sanidade e educación como nos demais dereitos sociais que garante a Constitución Española, abogando nun primer momento pola blindaxe do Estado Social ante os avances neoliberales. 

3 – Configuración das propostas municipais de maneira participativa e horizontal ca cidadanía.

Quizáis vivimos nun dos momentos da historia na que máis voces nos poden oir e máis voces podemos escoitar, polo que aumentan as posibilidades de ter contacto ca cidadanía. Para iso as Xuventudes Socialistas da Guarda non deben ser máis que outro altofalante de esa cidadanía para xestiónar o seu Concello.

Tanto por medio das novas tecnoloxías como en novas formas de participación na rúa, traballaremos arreo para que se sigan escoitando a todolos distintos colectivos e individuos das nosas bisbarras, poidan decidir sobre que ocurre no noso Concello. Dende charlas abertas, espacios de debate, buzons on-line ata as propias recepcións no Concello deben ser mecanismos para que a xente poida aportar a súa achega.

4 – Dinamizar as oportunidades dos traballadores xovenes e novos emprendedores.

Un dos principais problemas que nos encontramos os xovés guardeses son os escasos medios que dispomos no comezo dunha nova aventura nesta época económica tan convulsa, na que o a metade dos xoves do noso pobo vese sen traballo e obligada a emigrar ou traballar en empregos que non son os que realmente buscaron. 

Ademáis de plans de emprego xuvenil específicos dende o Concello para cubrir postos con xente da vila, creemos que é necesario a creación dun viveiro de empresas, no que diferentes xoves podan dispor dun espazo de traballo donde confluir e compartir ideas, para permitirlles nese inicio da aventura poder sair adiante coa axuda do concello, co fin de que podan instalarse a longo plazo aquí, fomentando unha industria máis sostible e duradeira. Xa sexa cun cariz público ou coa participación de empresas privadas, é máis que necesaria a posta en marcha dun proxecto que axude a comezar o cambio na empresa guardesa. 

5 – Acadar maior transparencia dos organismos e cargos públicos, organizacións políticas e todas aquelas institucións das que reciban axudas públicas.

É preciso demostrar a cidadanía que unha boa xestión dos recursos públicos comeza cunha boa xestión dos fondos dos que dispoñemos. Por iso durante o ano que entra traballaremos arreo na publicación das nosas contas, da maneira máis actualizada, como exemplo cara outras forzas políticas. A publicación das contas do PSG-A Guarda doi un dos puntos de contacto e traballo co secretario do grupo municipal nos primeiros meses de vida, polo que seran pronto publicadas na web do partido. A posta a disposición de todos e todas de como xestionamos estes recursos, axudara a demostrar de onde saen os recursos dos que dispomos e a donde van.

Ademáis, traballaremos para que todolós membros do grupo que o desexen firmen para a inclusión no programa electoral de medidas para mellorar a transparencia no Concello, xa que sera unha prioridade para as Xuventudes Socialistas un aumento da información da que dispomos a cidadanía de cara a recuperación dunha democracia máis libre e transparente.

6 – Continuar traballando a prol dunha sociedade máis igualitaria, onde o papel de homes e mulleres teña o mesmo valor.

Como vimos facendo a finais do ano pasado, expoñer unha visión real sobre o papel da muller na sociedade na que vivimos é necesaria para non esquecer que ainda queda moito por traballar para acadar a igualdade que permita as mulleres non ter que seguir nas posicións secundarias as que un sistema machista e patriarcal as somete.

Máis esforzos para paliar a violencia de xénero, maior concienciación nos entornos de taballo e nas escolas, eliminación de diferenzas nos tratamentos legales, son moitas das contas pendentes dunha sociedade, que a diferenza dos que a gobernan cada día demostra como os pensamentos e estereotipos tan implantados na época franquista, día a día van desaparecendo da nosa sociedade.

7 – Optimización da oferta turística para continuar sendo referencia no turismo sostible.

Ademáis de proxectos adicados a unha reconversión industrial, a optimización da oferta turística sostible que melloramos os anos anteriores, sera un eixo no futuro da Guarda polo que a inclusión de novas ideas e a promoción destas dende o Concello serán claves para conseguir que un dos piares básicos da economía guardesa, como é o turismo, poida dar saida a moitos xoves da vila, creando novas oportunidades de emprego e negocio, nun punto clave transfronteirizo como é a Guarda e que dispon de recursos tanto paisaxísticos como históricos para seguir sendo un dos destinos turísticos por excelencia da Galiza, pero conseguindo que estes turistas deixen cada vez máis actividade no pobo.


O medio natural do que dispomos debe seguir sendo respetado para que o disfruten as xeracións futuras, xa que os primeiros en disfrutalo somos nos, os guardeses. Praias fluviais e marítimas, deportes acuáticos, rutas de sendeirismo, gastronomía tradicional, unha oferta cultural atractiva ao visitante e os habitantes da Guarda faen deste, un entorno ídilico do que deben quedar prendados na súa visita, e é a nosa responsabilidade mantelo vivo. 

8 – Mellora das condicións dos deportes minoritarios e maior pulo aos clubes guardeses.

O deporte é unha das mellores formas de integración social e colectiva das mozas e mozos da Guarda , aprendendo valores como a convivencia, o traballo en equipo, un estilo de vida saudabel, o respeto polos rivais e a necesidade de sacrificio para acadar metas. Todos sabemos que o deporte guardés nos últimos anos ven sendo referencia en deportes considerados minoritarios polo gran público pero que teñen gran pegada no noso pobo e deben dispor de igualdade de condicións que os demais deportes. 

Ademáis da mellora dos acondicionamentos para os deportes que xa están integrados coma o futbol, o remo ou o balonmano e do apoio incondicional dende o Concello, é necesario que deportes ou actividades coma o hockey liña, baloncesto, a vela, o tenis, skate, patinaxe, ciclismo ou atletismo deben ter acceso a instalacións que lles permitan seguir instruindo aos nosos nenos e nenas, e non tan nenos nos valores que o deporte promulga, para seguir sendo referencia cada día en máis deportes.

9 – Recuperación da Memoria Histórica.

Hai cousas que non poderemos borrar da nosa Historia pero si que podemos cambiar a forma de contala. Aquela Historia que os vencedores escribiron facendo que quedaran esquecidas as victimas debe ser reescrita, para que a Xustiza dispoña de todo a información necesaria para pechar as feridas que todavía atormentan a moita xente. A represión levada na Galiza durante aqueles vergoñentos anos da Guerra Civil e na posterior dictadura fascista, por desgraza, tiveron no noso pobo un punto clave da maquinaria do Réxime, o campo de concentración, e posteriormente prisión de Camposancos. Ademáis moitos dos habitantes do propio pobo foron asasinados nos primeiros dias da sublevación polo simple feito de non comulgar cas doctrinas falanxistas. Os irmáns Noia Xíl, Brasilino Álvarez, son so uns poucos dos activistas políticos que fixeron que A Guarda non fora unha simple vila máis da costa galega.

O socialismo guardés sempre comprometido ca recuperación da memoria que alguns intentaron borrar, acadou moitos logros ao longo dos anos da época democrática, pero todavía queda moito por lograr para conseguir que todalas feridas queden pechadas. 


A apertura dun proceso na Arxentina permite agora a moitas das víctimas acadar a xustiza que non obtiveron no seu día polo que o Concello debe por todo o que estea a súa disposición para que os sucesos acontecidos en Camposancos e no Baixo Miño sexan levados como proba do exterminio que se levou a cabo en zoas nas que as forzas repúblicanas non presentaron batalla, pero que foron o cemiterio de moitos ideales que non creian na violencia.

10 – Mellora da oferta cultural na vila.

Como se ven facendo nos últimos anos, o Concello debe seguir apoiando a cultura guardesa, como instrumento para transmitir o legado do noso pobo xeración tras xeración, ademáis de seguir abrindo o espectro das distintas artes que se veñen desenrolando no noso pobo. O acondicionamento de novas instalacións e a mellora das actuais seguira sendo unha das loitas para que os mozos e mozas da vila podan seguir desenrolando unha cultura, a guardesa, cada día máis forte.

Tamen é necesario que melloremos as oportunidades de difusión da nosa cultura. Medios de comunicación locales como revistas, semanarios ou publicacións online, a posta en marcha de novo da radio e televisión públicas, promoción de festivais tanto de musica tradicional como dos novos grupos da vila e apoio as artes pictóricas e literarias faen mais plural, cultural e socialmente ao pobo, permitindo que os xoves podamos seguir desenrolando esa cultura.






Ningún comentario:

Publicar un comentario