As Xuventudes Socialistas da Guarda, este vindeiro Sábado dia 11, as 11.00h da maña no Museo do Mar da Guarda (a antigua Atalaia), homexanearemos a figura das redeiras da nosa vila, para ensalzar a figura da muller no ámbito mariñeiro, nun oficio ao que estiveron vinculadas moitas familias da nosa vila.
Creemos na importancia e recoñecemento do papel das mulleres da nosa vila neste eido, que además das facetas que históricamente tiñan que desenvolver (labores da casa, crianza dos fillos, agro), demostraron a constancia e o traballo que elas tamén adicaron a este oficio, permitindo as embarcacións ter o material nas mellores condicións posibles.
Por iso invitamos a todos aqueles que o desexen a asistir para coñecer de primeira man como era este duro traballo, e para realizar un pequeno homenaxe a muller loitadora que traballaba día e noite cas súas compañeiras a luz do candil, ca incerteza de saber onde faenaban os mariñeiros da vila, os seus irmáns, pais, fillos, maridos ou namorados. Un anaco vivo da nosa historia, a da nosa vila, sempre vinculada ao mar.
SECRETARÍA DE IGUALDADE DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DA GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario