As Xuventudes Socialistas da Guarda, en nome tamén do PSdG-PSOE A Guarda
quere agradecer a todas as guardesas e
guardeses a súa participación nesta xornada sen incidentes, demostrando, como a
nosa vila é e será caracterizada pola sua implicación democrática.
Implicación democrática polo afán participativo e de activismo politico das
xentes da nosa vila, onde se presentaron seis candidaturas a estes comicios.
Felicitar a todas as persoas que participaron neste proceso electoral, onde todolos
grupos políticos conseguimos crear un amplo debate sobre o que realmente
precisa A Guarda, e darlle a capacidade a xente de poder reflexar as súas
opinións e o seu voto nunha das distintas candidaturas que se presentan.
Queremos felicitar tamén a todas as persoas voluntarias, que durante todo o día
estiveron nas mesas como interventoras e apoderadas das distintas candidaturas,
e tamén as distintas que compuxeron as mesas electorais, polo seu esforzo e
adicación neste día tan importante para o futuro da nosa vila.
Somos nos, a sección xove, os que facemos este primeiro comunicado no nome
dos Socialistas da Guarda porque queríamos salientar, como exemplo desa
implicación democrática a alta participación da mocidade guardesa nestes
comicios, según os primeiros sondeos a pé de rúa, demostrando como a mocidade
quere máis participación na politica, porque como sempre defendemos dende ás
XX.SS. “sen xuventude non hai futuro”. Debemos ser e demostramolo día a día, voz
importante a escoitar no futuro que nós espera. Na nosa vila pode percibirse unha
mocidade comprometida, con inquedanzas, participativa en tódolos ámbitos, dende
o cultural ata o político, e hoxe demostrou que as que para moitos eran xeracións
perdidas, serán as xeracións que cambien a nosa política.
Antes de coñecer os resultados, queriamos incidir nestes dous puntos a alta
participación da mocidade que sabe que a democracia é
a arma máis poderosa para cambiar o noso futuro, e na adicación de todos os que
participaron votando, e nas distintas mesas electorais, tanto os dos partidos,
como os presidentes e vocais das mesas, sen vós a festa da democracia non sería
posible.
Saúde e República,
Xuventudes Socialistas da Guarda
Secretaría de Organización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario