Publicacións populares

sábado, 21 de marzo de 2015

NOTA DE PRENSA - DIA INTERNACIONAL DOS BOSQUES #DEFENDEOTEUPATRIMONIO

   



      As Xuventudes Socialistas da Guarda, decidimos esta tarde sumarnos a celebración do Día Internacional dos Bosques que ten lugar hoxe 21 de marzo. Debemos reivindicar a importancia destes ecosistemas dos que dependen 1600 millóns de persoas e que cubren un terzo da superficie terrestre do planeta. Os bosques son un importante reservorio de biodiversidade, que axuda na loita contra o cambio climático regulando os gases de efecto invernadoiro, protexendo a estrutura do solo fronte a erosión, ademais da súa importancia a outros niveis como o económico e o de ocio.

     O  Partido Popular, ca súa reforma da Ley de Montes non fae máis que abrir as mans da especulación neste ecosistema singular, os montes, que representan na nosa comunidade autónoma un 48% da superficie, cerca de 1.400.000 hectáreas pero que só menos de un 10% están protexidas como superficie forestal certificada. Tódalas organizacións que tentan protexer a biodiversidade para que o ser humano conviva en equilibrio co medio, como a nosa, non podemos quedarnos de brazos cruzados ante un claro ataque aos nosos bosques. Por iso dende as Xuventudes Socialistas guardesas, xunto co resto de agrupacións galegas, loitaremos contra esta Lei que é innecesaria e contraproducente, xa que non mellora a xestión dos nosos montes e bosques senón que incluso resta competencias aos axentes forestais, que non poderan denunciar delitos ambientais, ou deixar en mans das comunidades autónomas a posibilidade de permitir construir en zonas afectadas por incendios forestais.

    Tamén relacionado co medio ambiente e para colocar o foco na necesidade de políticas de concienciación social activas dende tódolos organismos, decidimos solicitar o Concello da Guarda que se sume a iniciativa de WWF-ADENA. Esta iniciativa, que leva por nome “A Hora do Planeta” e que terá lugar o día 28 de Marzo á que se adscribiron xa as principais cidades do globo e que consiste no apagado simbólico do alumeado dos edificios municipais e monumentos co obxectivo de apostar polo uso eficiente da enerxía, algo polo que o grupo socialista apostou nos últimos anos dende o Concello.

     A nosa Secretaria Xeral, Bárbara Domínguez, declarou acerca da necesidade da defensa do noso ecosistema: “Un pobo coma o noso, enclave paisaxístico singular, recoñecido incluso a nivel europeo co Premio EDEN, nestes últimos anos estivo e debe estar nos seguintes, sempre na vangarda das politicas medioambientales de cara a lograr o equilibrio e o mínimo impacto no noso preciado ecosistema. Por iso apostamos por maior implicación do resto de Administracións comezando polos gobernos do Partido Popular, ó que cas súas polémicas Lei de Costas e de Parques Naturais abriu a veda a especulación nos ecosistemas sostibles e que quere rematar agora co pulmón da nosa natureza, con esta reforma da Lei de Montes.”


XUVENTUDES SOCIALISTAS DA GUARDA 

Ningún comentario:

Publicar un comentario