Abrimos un espacio de discusión sobre ás eleccións do 24 de Maio, nesta primeira quenda sobre a participación xeral. ¿A existencia de máis candidaturas mellorou a representación da vila? ¿Tiñas claro a opción que te representaba? Danos todas ás túas opinions nesta pregunta aberta en quoners.es, a ferramenta social de participación.
Toda a información da organización, ademais de contidos relacionados ca mocidade.
Publicacións populares
-
Seguindo cas nosas Entrevistas pola Igualdade, aqui tedes o resultado da charla que tivemos con Mª Xesús Baz Vicente , nada na Guarda no an...
-
AS XSG-A GUARDA TILDAN DE “IRRESPONSABLE E INFANTIL” A ACTITUDE DO PP NO ÚLTIMO PLENO. O pasado venres 31 celebrouse o pleno da Corp...
martes, 26 de maio de 2015
PREGUNTA ABERTA - ELECCIONS 24 DE MAIO
¿Que fixeches o pasado domingo 24 de Maio?
Debate y participa con tu voto y tus argumentos:
domingo, 24 de maio de 2015
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
As Xuventudes Socialistas da Guarda, en nome tamén do PSdG-PSOE A Guarda
quere agradecer a todas as guardesas e
guardeses a súa participación nesta xornada sen incidentes, demostrando, como a
nosa vila é e será caracterizada pola sua implicación democrática.
Implicación democrática polo afán participativo e de activismo politico das
xentes da nosa vila, onde se presentaron seis candidaturas a estes comicios.
Felicitar a todas as persoas que participaron neste proceso electoral, onde todolos
grupos políticos conseguimos crear un amplo debate sobre o que realmente
precisa A Guarda, e darlle a capacidade a xente de poder reflexar as súas
opinións e o seu voto nunha das distintas candidaturas que se presentan.
Queremos felicitar tamén a todas as persoas voluntarias, que durante todo o día
estiveron nas mesas como interventoras e apoderadas das distintas candidaturas,
e tamén as distintas que compuxeron as mesas electorais, polo seu esforzo e
adicación neste día tan importante para o futuro da nosa vila.
Somos nos, a sección xove, os que facemos este primeiro comunicado no nome
dos Socialistas da Guarda porque queríamos salientar, como exemplo desa
implicación democrática a alta participación da mocidade guardesa nestes
comicios, según os primeiros sondeos a pé de rúa, demostrando como a mocidade
quere máis participación na politica, porque como sempre defendemos dende ás
XX.SS. “sen xuventude non hai futuro”. Debemos ser e demostramolo día a día, voz
importante a escoitar no futuro que nós espera. Na nosa vila pode percibirse unha
mocidade comprometida, con inquedanzas, participativa en tódolos ámbitos, dende
o cultural ata o político, e hoxe demostrou que as que para moitos eran xeracións
perdidas, serán as xeracións que cambien a nosa política.
Antes de coñecer os resultados, queriamos incidir nestes dous puntos a alta
participación da mocidade que sabe que a democracia é
a arma máis poderosa para cambiar o noso futuro, e na adicación de todos os que
participaron votando, e nas distintas mesas electorais, tanto os dos partidos,
como os presidentes e vocais das mesas, sen vós a festa da democracia non sería
posible.
Saúde e República,
Xuventudes Socialistas da Guarda
Secretaría de Organización.
martes, 12 de maio de 2015
DÍA DA FIBROMIALXIA
"Decir fibromialxia custa, pero o que esta puñetera enfermidade lle fai a unha é, como mínimo, desesperante.
[..]
¿Qué é o que me doe? Comecemos a lista:
As cervicais, o oso sacro; o hombreiro dereito matame, o esquerdo mortificame, un xeonllo, lumbares..., suma a falta de descanso nocturno e o agotamento que fae que a cada paso lle teñas que pedir permiso ó tu cerebro para que pule teu corpo; calambres, espasmos e un longo etcétera.[...]”
luns, 11 de maio de 2015
BUSQUEDA DO TESOURO SOLIDARIA Gracias a Todos!
Esta pasada fin de
semana tivo lugar a "Búsqueda do tesouro solidaria" que
organizamos as Xuventudes Socialistas da Guarda, que deu comezo no
Castelo de Santa Cruz. Queremos agradecer a tod@s os que participaron
e aportaron o seu grao de area para que esta actividade pudese
realizarse, nais, pais, voluntarios que se achegaron e colaboraron
activamente e a toda a xente que
durante o percorrido axudou @s nen@s nas distinta probas, que demostraron ser uns grandes buscador@s.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)