Esta pasada fin de
semana tivo lugar a "Búsqueda do tesouro solidaria" que
organizamos as Xuventudes Socialistas da Guarda, que deu comezo no
Castelo de Santa Cruz. Queremos agradecer a tod@s os que participaron
e aportaron o seu grao de area para que esta actividade pudese
realizarse, nais, pais, voluntarios que se achegaron e colaboraron
activamente e a toda a xente que
durante o percorrido axudou @s nen@s nas distinta probas, que demostraron ser uns grandes buscador@s.
Intentamos que os nenos pasasen unha tarde divertida percorrendo o noso pobo, para que coñeceran descubriran eles mesmos os monumentos que os rodean. Ademaís queriamos salientarlles valores como o compañerismo, o traballo en equipo, o esforzo colectivo e sobre todo a solidaridade. Neste valor baseouse a inscripción dos que se achegaron a participar, aportando alimentos para o almorzo, que foron doados a ConRazones. Piño Gómez Rodriguez, presidente da asociación achegouse a agradecerlle as nenas e nenos a sua colaboración e para contarlle un pouco o funcionamento da asociación e a finalidade dos alimentos que donaron os participantes, nunha pequena charla na que @s nen@s participaron activamente. Despois explicaronse as regras da actividade e deron comezo os xogos e as pistas. Despois de buscar as pistas e realizar a proba final, disfrutaron do seu doce tesouro e posaron na tradicional foto de grupo.
Moitas grazas a
todos por participar. Sen o apoio mostrado non poderíamos conseguir
sacar adiante esta actividade que esperamos repetir proximamente,
mellorando os erros, polo que pedimos de novo disculpas. Se tedes
algunha idea para actividades similares, relacionadas ca xuventude
(concertos solidarios, torneos pola igualdade, conferencias...) que
vos gustaría sacar adiante non dubidedes en contactar con nós, para
desenvolver a axenda para o verán.
O noso buzón virtual está no correo xuventudessocialistasdaguarda@gmail.com ou no noso facebook neste enlace.
O noso buzón virtual está no correo xuventudessocialistasdaguarda@gmail.com ou no noso facebook neste enlace.
Aqui tedes algunhas instantáneas máis da busqueda, se podedes facernos chegar máis, as iremos publicando:
Ningún comentario:
Publicar un comentario