Publicacións populares

martes, 12 de maio de 2015

DÍA DA FIBROMIALXIA

"Decir fibromialxia custa, pero o que esta puñetera enfermidade lle fai a unha é, como mínimo, desesperante. 
[..] 
¿Qué é o que me doe? Comecemos a lista:
As cervicais, o oso sacro; o hombreiro dereito matame, o esquerdo mortificame, un xeonllo, lumbares..., suma a falta de descanso nocturno e o agotamento que fae que a cada paso lle teñas que pedir permiso ó tu cerebro para que pule teu corpo; calambres, espasmos e un longo etcétera.[...]”


O pasado sábado 9 de Maio puidemos ler na sección de "Cartas ó Director" do Faro de Vigo este testimonio anónimo, que retrata moi ben a desesperanza dos doentes e a denuncia pola falta de axuda dun colectivo esquecido como é o das pacientes afectadas pola fibromialxia. So en España cifrase nun 2,4% da poboación pero nos novos novos estudios estanse a descubir un maior impacto, con moitos pacientes non tratados ademáis de derivacións de outras doenzas. Cada 12 de Maio non é un máis no calendario para estas persoas, xa que parece ser o único día no que teñen acceso a algunhas institucións.  





"A fibromialxía non é mais que unha das moitas enfermidades esquecidas na nosa comunidade, por exemplo a Asociación Galega de Fibromialxía (AGAFI) está integrada por 1300 afectados galegos, pero insistimos hai moitos non diagnósticados. É unha desas enfermidade que teñen un gran impacto sobre todo nas mulleres, por non dicir case a totalidade neste caso. A necesidade dunha cobertura sanitaria de calidade dende o sector público debe ser prioritaria, polo que un maior investimento, control e cobertura en doenzas como estas deben ser prioridade nas obras acometidas dende a Consellería de Saude. Pero isto parece que entran en contraposición cos intereses mostrados dende a Xunta de Galicia, que non deixa máis que abandonados os pacientes guardeses e galegos cos seus recortes e privatizacións da saude pública." declarou o Secretario de Benestar e Asuntos Sociais das XX SS. da Guarda. Exemplificou estas situacións cas "derivacións a POVISA ou as privatizacións do novo Complexo Hospitalario vigués, ou os acinamentos nos corredores dos hospitais galegos que toda España observou".



Nova de eldiario.es (09/1/15)




Por iso as Xuventudes Socialistas de Galicia, xa que o Partido Popular demostrou non facelo. seguirán traballando por unha sanidade pública de calidade, que recoñeza e axude os colectivos que precisan de maior investigación nas súas doenzas, igual que o PSdG, que esta traballando, entre outras cousas, no eido do recoñecemento das enfermidades musculo-esqueléticas (nas que se enmarca a fibromialxía) no ámbito laboral, como no caso das redeiras Este foi un dos temas que tratou nunha recente visita á vila, a Secretaria de Economía Pesqueira do PSdG, Carmen Casalderrey, nunha reunión ca Asociación de redeiras no seu lugar de traballo, no Porto da Guarda.



Non ó esquezas, a sanidade galega está ameazada mentres o goberno do Partido Popular de Alberto Nuñez Feijoo sega pensando nos galegos como caixeiros e non como doentes. Non podemos permitir que isto siga acontecendo, xa que a sanidade é un dereito non un negocio. 



Secretaría de Benestar e Asuntos Sociais 
Xuventudes Socialistas da Guarda









Ningún comentario:

Publicar un comentario