Publicacións populares

venres, 5 de xuño de 2015

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE “SÓ TEMOS UN PLANETA”


As Xuventudes Socialistas súmanse a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

As XSG lembran a necesidade dunha xestión sostible dos recursos se queremos preservar o planeta para nos mesmos e as xeracións futuras.


A Guarda, 5 de xuño de 2015


As Xuventudes Socialistas da Guarda, xunto ca agrupación de Galicia (XX.SS. de Galica) súmanse á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente establecido pola Asemblea Xeral das Nación Unidas e que se ven celebrando o día 5 de xuño dende 1973. O lema elixido para este ano é “Sete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación”.



Baixo este lema, os mozos socialistas galegos adherímonos á campaña con carteis para redes sociais onde se poñen de manifesto pequenas accións individuais, pero cunha gran importancia se todos participamos nelas.



O Secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, fixo fincapé na “necesidade de que todos os países unan as súas forzas para loitar contra o cambio climático de maneira decidida e tamén para establecer un modelo sostible de desenrolo económico que respete o noso planeta”.



Bouza pediu o goberno autonómico e español “que deixe de por trabas á produción de enerxía procedente de fontes renovables e ao autoconsumo e comece a fomentalo” e tamén que se fagan “políticas que garantan a sostibilidade das produción pesqueiras, gandeiras, agrícolas e forestais”



Só temos un planeta



Pola súa banda, dende A Guarda, o Secretario de Medio Ambiente da agrupación xuvenil da vila, Jose Antonio Moraleda Santos, declarou que “debemos ademáis incidir na concienciación e protección ante esa destrucción sen conciencia de moitos ecosistemas que permiten a nosa existencia, todo ó que nos rodea. Moitas veces os medios son insuficientes para parar os desastres, naturais ou provocados, por unha mala xestión dos recursos. Incendios como os acaecidos no 2013 nos Concellos do Baixo Miño teñen un gran impacto nos anos posteriores.” 



Respecto as políticas de medio ambiente dende a Xunta e o Goberno, declarou que “non é de recibo non aproveitar os recursos dos que dispomos, e peor ainda por trabas a un desenvolvemento máis sostible.” 



Un uso máis razoable dos nosos recursos é máis que necesario, porque como recordaba Aitor Bouza, “só temos un planeta”.







Ningún comentario:

Publicar un comentario