Publicacións populares

sábado, 27 de xuño de 2015

Día Internacional Do Orgullo LGTB


Hoxe, día 28 de Xuño, como cada ano, celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTB, pero que en España este ano ten un sabor especial, agridulce poderíamos dicir.


Por un lado, fai xa dez anos, por estas datas, o Congreso dos Deputados estaba a punto de aprobar a Lei Matrimonio entre persoas do mesmo sexo, co apoio das forzas progresistas nas institucións e do 66% da sociedade española segundo as enquisas. Baixo o goberno de Xose Luis Rodríguez Zapatero déronse os pasos necesarios para ser o terceiro país do mundo en legislar sobre a situación das parellas homosexuais, colocando a España a vangarda cando se fala do colectivo LGTB. 

Por desgraza, polo outro lado a bandeira arcoiris dos socialistas e activistas de toda España ondea ainda cun crespón negro polo finamento semanas atrás do compañeiro socialista e activista LGTB Pedro Zerolo. Pero el, sempre co seu sorriso non querería caras tristes nun día de orgullo para toda a sociedade; pero tamén de recordo, de concienciación e de loita, porque ainda queda moito por facer. 

É unha mágoa que continuaramos atopando nestes dez anos que pasaron, ao longo da xeografía española e europea, ataques directos ao colectivo dende as institucións e a sociedade, como no caso do recurso ao Constitucional de devandita Lei presentado polo Partido Popular, que non saiu adiante; ou as cotiás agresións homófobas que salpican os xornais, reflicten o longo camiño que ainda queda para que algúns entendan que todos temos os mesmos dereitos e que a diversidade sexual é un deses dereitos. Por isto os Socialistas da Guarda e as XX.SS. seguiremos traballando pola igualdade, de maneira transversal loitando en tódolos ámbitos.

Foi o compañeiro Zerolo o que dicía que "debemos camiñar cara á igualdade social, e isto so o conseguiremos loitando contra a homófobia, a transfobia, a bifobia... e isto so se conseguirá con educación, educación i educación"

Secretaría de Igualdade das Xuventudes Socialistas da Guarda e do PSdG-PSOE

Ningún comentario:

Publicar un comentario