Publicacións populares

sábado, 17 de xaneiro de 2015

ANTONIO LOMBA NOVO CANDIDATO Á ALCALDÍA DA GUARDA DO GRUPO SOCIALISTA DA GUARDA


Hoxe a nova do día podemos escribila dende as nosas verbas, xa que onte foi a primeira Asamblea do Grupo Socialista da Guarda na que participou unha representación das Xuventudes Socialistas guardesas. Nesta asemblea, ademais da posta en común co grupo municipal do noso decálogo para o ano 2015 que recentemente publicamos, e que tivo moi boa acollida polos militantes, produciuse unha continuación no proceso da conformación da lista de cara as eleccións municipais de maio. 

O actual rexidor municipal. X.M. Domínguez Freitas
co novo candidato Antonio Lomba, no porto da Guarda.
O punto principal do día foi a confirmación por unanimidade como candidato á Alcaldía da Guarda de Antonio Lomba, sustituíndo ao actual alcalde, Xose Manuel Domínguez Freitas, que abandonara a cabeza de lista de cara as próximas eleccións tras unha longa traxectoria no Concello guardés, tanto na oposición, como rexidor municipal, chegando a sufrir incluso unha moción de censura na súa primeira lexislatura. Como el mesmo afirmou onte durante a Asamblea: "É o momento de dar o relevo a unha candidatura que continúe o traballo que comezamos fai 8 anos". Antes o Secretario Xeral dos Socialistas Guardeses, Miguel Español, deu comezo a unha asamblea ateigada de xente a que acudiu case a totalidade do Grupo Socialista guardés, mostrándose a gran unión que hai entre os militantes, os cales foron dando o seu apoio nas súas diferentes posicións. Históricos como Jose Antonio Uris ou Pedro Borrajo, apoiaron un proxecto renovado e que crece dia a dia, pero que como eles mesmos dicían, "Comezou fai moitos anos, cando o Grupo Socialista foi o mascarón de proa de moitas das loitas que se gañaron no principio dos 80".

Tamen as Mulleres Progresistas, na voz de Montserrat Magallanes, "brindaronlle todo o seu apoio a Antonio Lomba, nas loitas que todavía temos por diante".

O Secretario de Organización das Xuventudes Socialistas, Iván Rodríguez, interviu para agradecer o apoio prestado pola executiva local, contar os puntos nos que traballaremos neste ano 2015, e para prestarlle todo o apoio da organización xuvenil a Antonio Lomba, novo candidato a Alcaldía, o que consideran "un gran candidato para unha gran organización". 

"Antonio é un candidato que está moi en contacto ca cidadanía dende o seu posto no Concello, e tamén unha persoa moi unida a xuventude e as súas inquedanzas e necesidades na súa labor lectiva." rematou.

Antonio Lomba, de 51 anos, pai de dous fillos e profesor de Tecnoloxía do IES A Sangriña dende o ano 2001, leva 8 anos no consistorio municipal na concellería de Cultura, onde acadou logros como a rede senfios "Navegaguarda", o museo do Mar, a rehabilitación do antiguo Colexio do Sinde para diversas actividades culturais como os locais de ensaio para os grupos guardeses, entre moitos outros programas culturais que non podian ser posibles sen as asociacións culturais da vila. 

Oito anos que como el mismo dicía "foron oito anos nos que puiden aprender moito na corporación municipal, pero nos que nunca imaxinei liderar unha lista. Gracias  a todos polo apoio prestado, de verdade, non podo definir o que é liderar un histórico grupo municipal como este que día a día traballa arreo para traer o progresismo a un pobo como o da Guarda."






Ningún comentario:

Publicar un comentario