Publicacións populares

sábado, 19 de setembro de 2015

CICLO LGTBI Queda #MoitoXFacer

O pasado venres 18 de setembro deu comezo o Ciclo LGTBI #MoitoXFacer no Centro Cultural da Guarda, cunha charla-coloquio sobre como a sociedade observa a transexualidade nos menores, organizado polas XSG-A Guarda en colaboración co Concello da Guarda e o grupo 7 Cores.


Momento da charla-coloquio Foto:@AntonioLombaBaz
Utilizando como fio conductor historias de familias con menores transexuais, extraidas do documental “O sexo sentido” de RTVE, as XSG-A Guarda acercaron por medio de tres ponentes información os asistentes. Iván Rodríguez, Secretario de Organización, deu comezo o acto enmarcando o porque da realización deste ciclo e presentando os ponentes Estela Fernández, experta en Igualdade, Xabier Constenla, pai dunha menor transexual que contou a súa experiencia persoal e Fito Ferreiro, activista e Coordinador Federal LGTB do PSOE que falou sobre a lexislación actual e os pasos a seguir nos seguintes anos.


Este ciclo ten por obxectivo a análise dos dez anos dende a aprobación da Lei do Matrimonio Igualitario e tratara durante distintos días temas tabu na sociedade guardesa e galega como a transexualidade en menores, a homofobia, a visión social LGTBI, entre outras moitas cousa que veñen a demostrar que todavía na nosa sociedade queda MoitoXFacer. A próxima charla a principios de novembro levará por título “Homofobia, a verdadeira enfermidade”. 

Membros das XSG-A Guarda cos poñentes e membros da corporación municipal. Foto:@fitoferreiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario