As
Xuventudes Socialistas da Guarda observamos atónitas xunto co resto
de forzas progresistas, sindicatos, profesorado e alumnos do IES A
Sangriña como o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román
Rodríguez, obriga a quedar sen alternativa e cursar relixión, pese
a non terse matriculado nesta.
Retirar
a asignatura de Técnicas de Desertación e Debate despois de que os
16 estudantes que se matricularon non podan recibir as clases
correspondentes foi un engano para estes alumnos e para o propio
centro en si, algo que as Xuventudes Socialistas da Guarda
denunciaremos, defendendo a posibilidade de que poidan solventar a
súa situación e non se vexan abocados a ter que cursar a asignatura
que non escolleron.
Respetando a liberdade da elección das clases de relixión dos alumnos
que si queiran cursala, non admitimos que alumnos que non a
solicitaron se sintan ao fin obrigados a dar una asignatura que non
queren. Isto significa unha vulneración de dereitos individuales
para os estudantes como se recolle no Decreto 86/2015, Título II,
que regula as materias de bacharelato: “Só se poderá limitar a
elección de materias de opción cando haxa un número insuficiente
de alumnos e alumnas segundo os criterios que determine a consellería
con competencias en materia de educación.”
Ademáis queremos incidir que para os responsables políticos da
consellería nin as técnicas de disertacion nin as de debate
resultan de interese para a formación de alumnos, futuros ciudadanos
con capacidade crítica. Parecen preferir o alumnos subordinados,
sumisos e se fora posible incapaces de debatir e disertar, sobre a
donde nos están levando cas súas políticas.
Queremos
transmitir o apoio e solidaridade das XSG-A Guarda aos 16 alumnos,
ao instituto e os representantes sindicais que responderon prestando
apoio na reclamación de que se acepte o dereito que se lle deu en
xuño a recibir a materia de libre eleccion que elexiron. Sumase
agora este aos moitos incumprimentos acaecidos durante estes anos de
goberno conservador na nosa comunidade, reducindo o investimento en
educación, sempre pensando máis en adoctrinar e facer diñeiro que
no verdadeiro obxectivo da educación: lograr cidadás de futuro.
Secretaría
de Educación das Xuventudes Socialistas da Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario