Publicacións populares

mércores, 30 de setembro de 2015

ENTREVISTA A ANTONIO LOMBA

O pasado 24M as guardesas e guardeses elixiron nas urnas a continuación dun proxecto que comezou fai oito anos: o proxecto dos #SocialistasDaGuarda e que agora lidera Antonio Lomba. Fai uns dias  mantivemos unha interesante conversa para que nos  acercará algunhas cousas destes primeiros meses no #ConcelloDaGuarda





Antonio, sempre recorda cun sorriso a súa infancia e adolescencia na Marina, estudou en Gijón enxeñería e traballa de mestre de tecnoloxía no IES A Sangriña. Tras máis de tres meses no cargo, e despois de ser Concelleiro de Cultura nos últimos gobernos do PSdG-PSOE, agora lidera os cambios que se producirán na vila nos próximos catro anos. Non se considera un vello político pese a súa experiencia xa que pensa que hai outras formas de facer política e quere demostralo. Esperamos que vós consigamos acercar máis ao número un do grupo municipal socialista, o actual Alcalde da Guarda, @AntonioLombaBaz

12076315_1103244979686457_2143743629_o.jpg
Antonio Lomba Baz (Foto: Infominho)
Comezamos directamente, pasaron máis de 100 días dende a toma de posesión. Que mudou na Guarda?

Cambiou o alcalde, cambiou parte do equipo e tamén da corporación, pero A Guarda segue sendo unha vila singular. Un sitio maravilloso do que están enamorados tódalas guardesas e guardeses. Quizais o único que pudo mudar un pouco agora foi a filosofía que o equipo de goberno ten sobre a súa labor política e social cos cidadáns da vila. Un dos obxectivos prioritarios é implicar máis á poboación na vida da vila, mellorar A Guarda é cousa de todas e todos.

Normalmente a exixencia é moi grande para un alcalde nos primeiros dias. No teu caso a exixencia é doble pois X.M. Domínguez Freitas foi un alcalde que calou moito na vila. As comparacións son odiosas?

A min non me importan, o contrario, eu era e son o primeiro admirador de Freitas. Foi un gran alcalde, foi o alcalde que A Guarda merecía. Non teño afán por imitalo pero é un referente moi importante tanto política como persoalmente. Aínda non me chegaron comparacións pero sei que ao longo da lexislatura notaranse moitas diferenzas.

12062842_1103245093019779_1824704550_o.jpg
A.Lomba que o anterior alcalde
X.M. Domínguez Freitas
Observando a oleada de novas incorporacións á vida política, podemos dicir que ti es un alcalde novato pero un vello politico. Notas as diferenzas entre a vella e a nova política?.

Non me considero un vello politico, non son un político profesional, son un guardés, que exercendo como profesor de tecnoloxía, nun intre da miña vida, con Freitas, comezei como concelleiro e agora estou de alcalde, polo menos durante os próximos catro anos, pero eu fun e seguirei sendo profesor, esa é a miña profesión.
Presenteime ás eleccións cun proxecto que eu entendo moi interesante e que en moitos aspectos ten un horizonte temporal máis alá dos catro anos. Realmente gustaríame cambiar, mellorar a vida dos guardeses incorporando o que entendemos que é necesario diso que chamas nova política.

Falas de renovación pero sodes un grupo con moita experiencia na xestión municipal. Que traballo impulsaches en cada área ca túa chegada?

É certo que a maioría do grupo é moi experimentado nas áreas que lle toca desenvolver. O pobo sabe que é así, eu penso que en parte por iso nos deu o seu apoio, tiña confianza. De calquera maneira mais que impulsar cuestións concretas queremos mudar a forma de facer as cousas e tratar de mellorar aqueles aspectos onde, a pesar de levar 8 anos, pensamos que temos que mellorar. Por exemplo reforzar as relacións cos cidadáns e as asociacións, a maneira de informar, as relacións cos medios, etc... incluso como relacionarnos co resto de grupos.

12076481_1103245079686447_858680694_o.jpg
Elena Baz e A. Lomba
A nosa última entrevista foi á nova incorporación, Elena Baz, que aporta a este equipo?

Ela é unha peza fundamental que encaixa perfectamente neste puzzle. Cada dia estamos máis contentos. Foi como unha bocanda de aire fresco no Concello, e penso que a súa integración foi perfecta. Neste verán demostrou unha gran capacidade de traballo que aumenta a inercia que xa levábamos, para optimizar ese traballo cultural que tíñamos preparado. Ela é unha muller moi integrada na cultura guardesa, moi coñecida e apreciada pola mocidade, e iso é o que vai facer que mude a maneira que temos de comunicarnos neses eidos, cultura, educación e xuventude.

Carmela Silva asistiu á lectura do Pregón das Festas do Monte. Foi a presentación como presidenta antes as guardesas e guardeses, a ti persoalmente, que opinión te merece a nova presidenta?

Non a coñezo moito a nivel persoal pero é unha muller que causa moi boa impresión, moi atenta, espero que volva pronto pola Guarda, para que a xente a coñeza máis. Penso que vai facer un gran traballo na Deputación. En contraposición a Louzán, vai ser a que lidere un verdadeiro cambio na Deputación, para cumplir o que realmente ten que facer, redistribuir os cartos entre os concellos máis pequenos, para axudar a manter servizos básicos. Publicaba fae un días a Voz de Galicia que os concellos galegos ingresan menos diñeiro do que lles corresponde según datos do Ministerio de Facenda, é ahí onde debe estar a Deputación e tamén o FEMP(Federación Española de Municipios e Provincias).
12076275_1103244016353220_266348809_o.jpg
A. Lomba con Abel Caballero nunha recente reunión.

Como definirías a Alberto Núñez Feijóo?

Persoalmente non me gusta a súa xestión, porque a pesar de ser político que semellaba traer algo novo, na práctica simplemente foi máis da vella política. Eu penso que iso é o que hai que mudar, penso que outras formas de facer política en Galicia son posibles.

Que opinión te merece a volta a un goberno conservador?

A verdade foi a causa da perda da ilusión de moita xente que observaba que Galicia estaba cambiando rápidamente e estaba inmersa nunha verdadeira transición rompendo unha estructura  política do século XX que o Partido Popular tiña e ten nalgúns sitios montada. De tódolos xeitos penso que conseguiremos que outro presidente progresista poida sentarse en San Caetano, no de Santiago refírome. (Risas)

Que opinas de Mariano Rajoy?

Levo tempo pensando que chegou a presidente por invitación. É como aquel que gañou unha carreira porque os demais se retiraron ou se entretiveron, parece que chegou porque as circunstancias dentro do partido se lle deron ben. É alguén que vai sempre a contrapé, non crea ilusión en España porque sobre todo vai sempre a defensiva e por detrás das demandas. Non conseguiu liderar un proxecto dentro de España e moito menos que nos tomaran en conta dentro de Europa o que a sociedade busca.

Parece moi lonxe a época na que Mariano Rajoy era lider da oposición, que opinas de J.L. Rodríguez Zapatero?

Penso que foi un bo presidente no xeral pero cometeu algúns erros, que foron utilizados pola oposición e os medios de comunicación para destruilo. A verdade é que é un home de esquerdas que supo entender o que estaba a ocurrir e penso que o tempo lle fará xustiza. Porque é a pregunta de sempre, ¿gobernas para todos ou para os teus? É moi fácil tentar gobernar para os teus como fae Rajoy. Un gobernante debe ter os pes na terra, debe ter contacto con tódolos extractos da sociedade. Son necesarios gobernantes que teñan máis empatía cos cidadáns

As XSG-A Guarda sempre recordamos a anterior lei educativa de Ángel Gabilondo, que pensas que falla en España ca educación?

Temos excelentes profesionais e moitos medios para estar na elite, o que falla é unha cuestion de base. Non temos claro o papel da educación, os responsables actuais toman como referencia o pasado, e iso e o que se traslada ás leis. O que é necesario é unha lei de educación estable, como a que plantexou Gabilondo, que se desenvolva a medio-longo plazo, que este por enriba de intereses electorais, como era aquela. Non podemos ter un ministro de educación como Wert. Non sabe nada de educación. En España temos expertos en educación que son referentes a nivel mundial e non os souberon escoitar.

antonio en clase.JPG
Antonio na súa etapa de mestre.
Como experto en tecnoloxía, notas ainda unha gran fenda dixital no ensino?

Eu penso que @s nen@s actualmente son xa nativos dixitais e os profesores a base de traballo consiguen seguirlles o ritmo. Pero non solo é ter e manexar o material, é a maneira de utilizalo o que axudará a cambiar o ensino e a sociedade, aqui é onde entra a verdadeira labor do profesor e das leis educativas.
Nestes últimos anos nótase que nas escolas, debido a mala situación económica dalgunhas familias, moitos nenos teñen problemas para acceder ás novas tecnoloxías. A administración e a escola debe tentar compensar esta situación.

Volvendo un pouco á política, tes algún referente político?

Eu fun neno nos anos setenta, uns anos de revolución e loita contra a ditadura, eu penso que me marcaron moitas cousas, penso que parte da culpa foi dos cantautores: Aute, Serrat, Sabina, Krahe, moitos mais... Eran tamén en parte os que conseguían transmitir máis e mellor eses anos tan difíciles que foron os do final da ditadura en España. Daquela vía con admiración cousas que estaban a mudar noutros puntos do planeta, seducíanme historias como por exemplo a de Allende en Chile, a revolución cubana, o Che, etc... Penso que fora de persoas individuais eses cambios que se conseguiron na historia foron a referencia que sempre seguin.

Como ves España na actualidade?

12062801_1103245326353089_968713043_o.jpg
Os alcaldes de Oia e A Guarda ca deputada Montserrat
Magallanes e os concelleiros socialistas da comarca
Aínda somos unha democracia nova, moitos do valores característicos da verdadeira cidadanía non os temos totalmente desenvolvidos. Hai moita xente que viviu os anos máis importantes da súa vida durante a ditadura. Na actualidade teño a impresión de que o paradigma de sociedade está mudando, a xente nova está máis preparada, somos máis críticos co modelo que tivemos ata agora. Penso que estamos inmersos nunha época de cambios, que as organizacións políticas deben ter a flexibilidade para percibir esta nova situación o coliderar, xunto cos movementos sociais o cambio que se está a producir.

E o PSOE?

Para moita xente que tiña inquedanzas como as miñas foi instrumento para canalizar enerxías e mellorar esta sociedade. Por exemplo durante a época de Zapatero aquí fixéronse leis que foron referencia en Europa e no mundo. Espero que nas próximas eleccións volvamos a ter en España un goberno progresista que mude as políticas que se están aplicando en educación, sanidade, dependencia, etc.

Tamen tocarán en 2016 eleccións en Galicia. Estiveches nestes meses con Xose Ramón Gómez Besteiro, que visitou A Guarda incluso antes da campaña. Como definirías aquel encontro co actual Secretario Xeral do PSdG?

O encontro que tivemos foi moi cordial, pareceume unha persoa moi cercana, cos pes na terra. Tiven a impresión que coñecia un político que vive integrado na sua sociedade e dende onde esta pretende chegar a donde teña que chegar para facer cambiar realmente Galicia. É un político do pobo, non vive no seu castelo como outros, está directamente a pé de rúa e Besteiro é esa clase de político que necesitamos para mudar as cousas.
Volvendo un pouco máis A Guarda, encontrámonos varios temas candentes nestes meses. Cal foi a maior dose de realidade que tiveches nestes 100 días?

besteiro-contrapone.jpg
Freitas, X.R. Besteiro e A. Lomba.
Quizás a maior dose de realidade foi que solo son o alcalde, as veces non podes facer algo porque non tes os medios Non podes responder a toda a cidadanía en moitas das súas demandas porque se escapan das nosas competencias ou en moitos casos non estén nas nosas mans, por decisións tomadas noutros niveis, por exemplo, a Lei Montoro ou a distancia que había ca Deputación ou a Xunta que imposibilitan A Guarda a tomar certas decisións ou facer determinadas actuacións. Pero tentas loitar, día a día para buscar solucións, escoitas a xente, novas ideas, etc...

Cal é a postura do alcalde co tema das 21 licencias?

As 21 licencias e outros problemas urbanísticos que provocaron e están provocando ainda importantes quebradeiros de cabeza a algunhas familias da Guarda. Para o Concello tamén significa un desembolso de cartos moi importante. Farei todo o que estea na nosa man para darlle a aprobación inicial o PXOM xa que dende a Xunta propuxeron que podería frenar a execución das sentencias. Por iso o traballo destes meses, que tampouco se ve moito na rúa porque e máis no Concello, foi o de levar o pleno canto antes a aprobación inicial do PXOM.

Cando vai ter a policía local competencias para actuar na zona portuaria?

O problema do porto non é nada novo. Fai xa case un mes que temos pedida unha reunión co xefe de Portos. A este alcalde preocúpalle moito toda esta situación, dende a circulación e aparcamento, á basura, etc... por iso precisamos saber como podemos solventar as incomodidades no porto, entre eles e nós, que somos os implicados. Polo que notamos Portos non está igual de preocupado por estes problemas locais. A reunión será o día 20 de outubro, pese a que xa dende comezos de verán se dan eses problemas.

12082083_1103245446353077_1019057046_o.jpg
A. Lomba e Miguel Alves, Presidente da Cámara de Caminha
Cal cree Antonio Lomba que é a mellor solución do dragado do ferry?

A verdade é que estamos observando que o tempo do actual transbordador está limitado. Por iso os Socialistas da Guarda mandámoslle, ao partido en Madrid, unha enmenda ós orzamentos xerais para que se fixera un “estudo-proxecto dun sistema sostible de comunicación transfronteiriza para persoas e vehículos a través do rio Miño entre A Guarda e Caminha”. Así teremos toda a información para conseguir a solución mais viable a medio-longo plazo, que é o que mais lle interesa A Guarda e a Caminha.

Está claro que na actualidade non contamos cas mellores instalacións deportivas, precisa a Guarda un novo pavillón?

A verdade é que o que temos non está en condicións. A Guarda e O Rosal precisan dun bo pavillón, sobre todo para os equipos de balonmano, para así realizar mellor o seu traballo, pero tamén polo resto de deportes e ese é dende o principio o noso plantexamento. Un polideportivo compartido entre as dúas vilas podería ser a solución. Pero non só por equipos grandes senón polas distintas disciplinas que se pratican na vila que ano tras ano van acadando increibles resultados é imprescindible de contar cas mellores instalacións posibles. Polo tanto a Xunta e a Deputación, e asi  llo faremos ver, deberían comezar a pensar unha solución importante en termos de actuación, ademáis de axudarnos en continuar mellorando os servizos actuais.

Xa que falamos de infraestructuras importantes, para cando un Auditorio municipal?

A Guarda non ten auditorio, para nós é unha infraestructura imprescindible, é unha vella demanda dos Socialistas da Guarda. Tanto é así que xa se realizou un anteproxecto e que tiña financiación nos orzamentos da Xunta na época de Touriño, que Feijóo non quixo executar. Por iso o Concello da Guarda seguirá demandando un auditorio multiusos para a vila diante das administracións que teñan capacidade para facelo (Xunta e Deputación).

12062602_1103243526353269_576207252_o.jpg
M. Español e A. Lomba nunha recente visita o GES.
Outro dos debates de este verán tamén foi o Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Guarda.

É normal, é un servizo indispensable para A Guarda e o Baixo Miño, que pola nosa situación xeográfica non podemos deixalo morrer. Podo asegurar que concello seguirá mantendo os GES pero buscaremos vías para que ese mantemento sexa o menos gravoso económicamente, xa que nun principio sería unha competencia da Xunta de Galicia.

Moitos veciños queixanse da tardanza en reparación de desperfectos, limpeza e recollida do lixo.

É certo. O Concello da Guarda ten graves problemas de persoal, motivados a que a chamada lei Montoro impedía a contratación de novo persoal. Temos a idea de resolver estes problemas co novo orzamento, a partir do próximo ano. Imos sacar plazas de interinos para traballadores de rúa e vamos a utilizar parte da financiación aportada pola deputación para arranxar material e mobiliario que ata agora non podíamos. Temos moi presente que é necesario incidir na reparación e mantemento en espacios públicos. Respecto á recollida de lixo, ademáis de algunha actuación máis puntual, toca implicar a tódolos ciudadanos para manter A Guarda máis limpia. Mentres algúns falan de que hai unha bolsa de basura fora nos estamos falando realmente de cambiar a sociedade. A complementación entre estes plans e a nova app axudará a axilizar moito estes trámites referidos o mantemento, por outro lado ademáis de ser máis eficientes respecto os residuos, tamén tentaremos mellorar os programas de concienciación por medio de algunhas novas iniciativas.

Cando falas da nova app fas referencia a aplicación para smartphones que presentáchedes recentemente, que tentades lograr ca implantación desta app?

A. Lomba e os Técnicos do Concello presentando a nova app
Tentamos varias cousas, a primeira é que a xente da vila esté máis e mellor informada. Sobre todo aqueles que están mais desvinculados do Concello, xente entre 16 e 30 anos que poden ter nesta app una oportunidade de relación co Concello. Eles son sen dúbida os que mais manexan esas tecnoloxías. Por outra banda, pretendemos ter a mellor ferramenta posible de información turística, a que un turista pode ter antes de chegar A Guarda e neses primeiros intres. Por último, seguindo o slogan de que “A Guarda é cousa de todos” buscamos mellorar a interactividade entre o cidadá e a institución por iso incorporamos os módulos de avisos, participación e de incidencias, unha das cousas que mais aceptación estamos observando.

Como te gustaría que fora a Guarda dentro de 4 anos?

Non considero que A Guarda esté actualmente tan deprimida como algúns nos queren facer ver. Aínda así penso que podemos mellorar moito. Gustaríame que fora unha vila máis humanizada, con máis espazos para as persoas, gustaríame que ofrecerá máis oportunidades a xente nova que quere establecerse aquí. Gustaríame que tivera novas dotacións que todos consideramos necesarias ou polo menos que avanzamos na obtención desas dotacións. Gustaríame, e confio en que o imos a conseguir, que os veciños participen máis na vida municipal, que viran os espazos públicos como algo que é de todos e que todos debemos cuidar.

Moitas grazas Antonio polo teu tempo, esperamos que pronto teñamos boas novas para a mocidade guardesa.
Si, casualmente o venres 2 de outubro tivemos a primeira Conversa coa Xuventudes, nas que tentamos reforzar o vínculo que existe entre o concello e a mocidade, animo a todos a participar nas seguintes. Grazas tamén a vós polas preguntas. Un saudo a tódalsas persoas que dedicaron o seu tempo a lernos.


.

Ningún comentario:

Publicar un comentario