Publicacións populares

mércores, 9 de setembro de 2015

Unha muller menos, unha víctima máis.

As Xuventudes Socialistas da Guarda condenan o asasinato machista acaecido o pasado lúns.

O pasado luns produciase un novo caso de violencia de xénero, unha muller falecia en Vigo a mans da sua parella. Con esta, xa son tres as victimas de violencia de xénero no que vai de ano en Galicia. Pese as campañas de sensibilización e o traballo realizado por moitas asociacions que loitan contra esta lacra que asola o noso pais, seguen producindose casos de violencia de xénero que non poden quedar no esquecemento. Cada unha destas vítimas deben ser motivo para seguir loitando contra unha violencia que está deixando moitas víctimas no camiño, non só mulleres senón tamén de menores. 

Os retallos tamén afectan tamén neste aspecto, para atender moitos destes casos dende o principio precisas de asistentes sociais e funcionariado que non esta sendo reposto en moitos casos. Por non falar da decisión de eliminar materias educativas sobre igualdade como era Educación para a Cidadanía en prol da relixión, máximo exponente dese patriarcado machista." continuou trala concentración en repulsa do asesinato do pasado luns.

No camiño da igualdade queda moito por facer, a nosa sociedade leva xa moitos anos loitando contra a violencia machista, pese a que moitos todavía non a tomen en serio. Queremos dende aqui recordadar a gran labor levada a cabo polos movementos feministas contra eses que esquecen rapidamente ás víctimas, Estes movementos traballan arreo para axudar as victimas, realizar campañas ou concentracions de sensibilización. A lei de 2004 impulsada polo goberno socialista, foi so o comezo nesta dura tarefa da igualdade, pero ainda queda moito por facer, sobretodo pola inacción destes anos de goberno do Partido Popular.

"A mensaxe que parece recibir o goberno cando se produce un novo caso de violencia de xénero non parece o mesmo que cala na sociedade,  para eles segue sendo un número máis dentro das estadísticas que comparar ano tras ano.  O traballo realizado polo gobernos galego e español en materia de igualdade está a demostrar ser insuficiente", declarou a Secreatria Xeral das XSG-A Guarda, Bárbara Domínguez.  "As mulleres non queremos promesas electoralistas, queremos realidades, queremos por freno a unha violencia que deixa no camiño a decenas de compañeiras cada ano." remarcou.

Por outra banda dende Santiago, o Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza declarou que "non podemos consentir que o sistema patriarcal estea a convertir os asasinatos machistas nunha normalidade nauseabunda, na que non é raro ler nos xornais todas as semanas novos casos de violencia de xénero”

“Logo deste verán tráxico para as mulleres e en xeral para toda a sociedade, chega o momento de rendir contas e recriminar ao Goberno os seus retallos nos orzamentos destinados a igualdade mentras os asasinatos se perpetúan e a súa indiferencia aumenta”, engadiu Bouza.

Por iso as XSG-A Guarda seguiremos loitando a prol dunha sociedade igualitaria na que unha muller non teña que temer máis ser víctima en mans dun maltratador, esixindolle os gobernos conservadores de Santiago e Madrid que poñan todo o que esté na súa mán para parar dunha vez esta lacra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario