As
Xuventudes Socialistas da Guarda, decidimos esta tarde sumarnos a
celebración do Día Internacional dos Bosques que ten lugar hoxe 21
de marzo. Debemos reivindicar a importancia destes ecosistemas dos
que dependen 1600 millóns de persoas e que cubren un terzo da
superficie terrestre do planeta. Os bosques son un importante
reservorio de biodiversidade, que axuda na loita contra o cambio
climático regulando os gases de efecto invernadoiro, protexendo a
estrutura do solo fronte a erosión, ademais da súa importancia a
outros niveis como o económico e o de ocio.

Tamén
relacionado co medio ambiente e para colocar o foco na necesidade de
políticas de concienciación social activas dende tódolos
organismos, decidimos solicitar o Concello da Guarda que se sume a
iniciativa de WWF-ADENA. Esta iniciativa, que leva por nome “A Hora
do Planeta” e que terá lugar o día 28 de Marzo á que se
adscribiron xa as principais cidades do globo e que consiste no
apagado simbólico do alumeado dos edificios municipais e monumentos
co obxectivo de apostar polo uso eficiente da enerxía, algo polo que
o grupo socialista apostou nos últimos anos dende o Concello.
A
nosa Secretaria Xeral, Bárbara Domínguez, declarou acerca da necesidade da defensa do noso ecosistema: “Un pobo coma
o noso, enclave paisaxístico singular, recoñecido incluso a nivel
europeo co Premio EDEN, nestes últimos anos estivo e debe estar nos
seguintes, sempre na vangarda das politicas medioambientales de cara
a lograr o equilibrio e o mínimo impacto no noso preciado
ecosistema. Por iso apostamos por maior implicación do resto de
Administracións comezando polos gobernos do Partido Popular, ó que
cas súas polémicas Lei de Costas e de Parques Naturais abriu a veda
a especulación nos ecosistemas sostibles e que quere rematar agora
co pulmón da nosa natureza, con esta reforma da Lei de Montes.”
XUVENTUDES
SOCIALISTAS DA GUARDA