Publicacións populares

luns, 9 de marzo de 2015

A INVERSIÓN MUNICIPAL EN EDUCACIÓN

NOTA DE PRENSA DA CONCELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN DO CONCELLO DA GUARDA 

Ante as últimas peticións da Xefatura Territorial de Educación, o Concelleiro de Educación Antonio Lomba, explicou cales son as medidas municipais nas súas correspondentes competencias, instando de novo a que cumpla o prometido nos centros nos que é a administración galega a que debe actuar. Malía que o PP quere convertir este deficit de atención o ensino guardés nun cruce de acusacións, so é necesario observar os números para darse conta de que nos últimos 6 anos a Consellería de Educación destinou, salvo en casos de forza maior coma o da cuberta do Sinde, ou a necesaria inversión no CEIP, non foi máis que de 33.000 €. Como denunciamos a pasada semana, a Xunta ten na Guarda #OEnsinoEsquecido, para demostrar que non queren máis que botar balóns fora, aqui adxuntamos a nota de prensa na que se expón o investimento en materia de Educación.



"Non se pode negar o evidente. E evidente é que o grupo de goberno deste concello, para garantir o mantemento dos colexios de primaria e as unitarias, destina dende o 2008 en exclusiva un traballador que, en perfecta sintonía coas direccións dos centros, se encarga de levar a cabo os arranxos e de manter en perfecto estado as instalacións.

Tamén é evidente que o concello, dende que está este grupo de goberno, multiplicou por tres o orzamento municipal que se adica a educación. Evidente é que mesmo organizamos, con moito éxito por certo, os cursos de preparación para a obtención do graduado escolar sen ningunha colaboración, nestes últimos anos, da Consellería de Educación.

Tamén é evidente que, dando por boas as cifras da Consellería, se dos 700.000 euros que din que gastaron na Guarda dende o 2009, lles restamos a inversión de 371.000 euros no Instituto (aí o Concello non ten competencia algunha) e o que custou poñerlle a cuberta o Sinde (arrincada por un temporal) a cantidade queda reducida a pouco máis de 200.000 euros en 6 anos, cantidade certamente cativa.

Evidente e notorio foi o compromiso adquirido polo Xefe Territorial de cambiar a estrutura e o tellado do patio cuberto do CEIP A Sangriña. Anpa e Equipo Directivo saben ben deste compromiso. Estaban presentes cando o adquiriu.

Cada administración debe facerlle fronte as súas responsabilidades e cos seus medios. Non é culpa deste concello que a Consellería de Educación sufrira un recorte tan importante nas súas partidas. En todo caso iso denota a importancia que esta Xunta lle da ó ensino público. Certamente hai un novo plan provincial de investimentos, pero será o grupo de goberno quen decida a que necesidades vai destinado. Porque cada pau ten que aguantar a súa vela, e poñerlle unha nova cuberta ó pavillón de Solanas, facer o novo cuberto da Sangriña, etc. son competencia estricta da Consellería.

As demandas de arranxos e cumprimento dos compromisos adquiridos polo Xefe Provincial parten da comunidade educativa a través do Consellos Escolares. O Concello actúa como portavoz destas demandas. Non queremos entrar nun cruce de acusacións, simplemente temos a pretensión de que se atendan as necesidades dos centros educativos que son competencia da Consellería de Educación."




Debate y participa con tu voto y tus argumentos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario