O
Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia–PSOE da
Guarda, por petición das Xuventudes Socialistas da Guarda, en base ó
disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais
normativa de aplicación, presentan esta MOCIÓN
relativa
a “A
HORA DO PLANETA”.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
A
Organización non gubernamental WWF-ADENA leva a cabo a iniciativa
nomeada “A Hora do Planeta”, que pretende implicar aos cidadáns,
organizacións, institucións, gobernos e empresas na loita contra o
cambio climático, un dos maiores retos aos que se enfronta a
sociedade na vindeira década.
A
proposta de levar a cabo un apagado simbólico o día 28 de Marzo
dende as 20:30 as 21:30 dos edificios municipais da Praza do Reló,
serve para seguir concienciando a aqueles que todavía non entenden a
necesidade de ser eficientes no uso da enerxía para preservar o noso
entorno. A aposta levada a cabo polo Concello cara o desenvolvemento
sostible para protexer o ecosistema que nos rodeará nun futuro, é
un pequeno paso no longo camiño a recorrer nos anos venideros, con
politicas máis consistentes na protección do ecosistema.
Medidas
de aforro enerxético, como a redución e optimización da
calefacción, de iluminación ordinaria, instalación de bombillas de
baixo consumo, deben ser promovidas dende o Concello para que cada
vez máis enerxía deixe de ser gastada en balde.
Aproveitamos
tamén esta oportunidade para denunciar o innecesario e inadecuado
proxecto de Reforma da Ley de Montes presentada polo Partido Popular,
que atesta un duro golpe á preservación da biodiversidade con
medidas como por exemplo o permiso ás Comunidas Autónomas a
autorizar construcción en terrenos incendiados. Isto non é máis
que outro dos exemplos das políticas medioambientais levadas a cabo
por este goberno, tras ver o resultado da Lei de Costas e de Parques
Naturais.
Por
todo o anterior, as Xuventudes Socialistas da Guarda propoñen ó
Pleno Municipal a adopción do seguinte ACORDO:
1.-
Apoiar a solicitude presentada o día 19 de Marzo en relación a
iniciativa “A Hora do Planeta”, ca participación e visualización
do acto de apagado simbólico, ca asistencia dos representantes
políticos que queiran achegarse.
2.-
Instar á Xunta de Galicia á mellora e desenvolvemento de métodos
de xestión eficientes para a conservación e aproveitamento dos
montes do país que combinen co desenvolvemento sostible.
3.-
Instar ao Goberno de España do Partido Popular a retirada do
proxecto da Reforma da Ley de Montes.
En
A Guarda, a 19 de Marzo de 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario