Hoxe é un dia moi
importante para todas nos. 8 de Marzo, dia internacional das mulleres
dia que naceu coa finalidade de reivindicar e loitar por uns dereitos
os que cada vez xurden mais trabas. A desigualdade fae cada vez mais
mella na nosa sociedade, a diferencia entre os soldos dos homes e das
mulleres ou o feito de que unha muller nai gañe menos son so algúns
dos moitos exemplos que reflexan o atraso que vive a nosa sociedade
en materia de igualdade.
Levamos loitando
moito tempo por esa igualdade de sexos, está sendo un longo camiño
e sabemos que queda moito por recorrer pero nestes anos xa
conseguimos moito e seguiremos conseguindo mais. Algún dia as
mulleres terán dereito os mesmos soldos que os homes, houbo un tempo
no que a muller non podia realizarse como tal, houbo un tempo no que
a muller so podia limitar o seu papel na sociedade como "ama de
casa".
Hoxe somos as mais
preparadas, somos as que temos maior capacidade para desmpeñar
calquera traballo que nos poñan por diante. Conseguiremos vencer as politicas patriarcais actuais,
como xa logramos hai anos dereitos como o sufraxio feminino. Pero
queremos mais, queremos que as mulleres reciban o mesmo trato nos
postos de traballo ca eles, queremos que a muller non cobre menos por
cada novo fillo que ten, unha muller nai cobra menos que unha muller
que non o é, unha muller con dos fillos cobra menos que unha muller
cun só fillo, algo que se analizas lentamente ven a decirnos que a
maternidade está laboralmente castigada.
Galicia é a segunda
comunidade autonoma cos salarios mais baixos, e co paro feminino moi
por enriba do paro masculino. Nos, as mulleres cas nosas loitas fomos
capaces de conseguir cousas que xamais pensariamos ter e continuamos
nesa loita, continuaremos ata conseguir todos e cada un dos dereitos
que nos merecemos e que tanto precisamos. Por iso ti galego ou galega, guardés ou guardesa, érguete!,
actua! defende unha sociedade igualitaria, como muller, como pai ou como fillo, hoxe, maña e os
trescentos sesenta e cinco días do ano!
Ningún comentario:
Publicar un comentario