Publicacións populares

mércores, 12 de novembro de 2014

A NOVA DO DÍA - A Fiscalía arxentina cree necesario visitar A Guarda

A Fiscalía arxentina reclama visitar 'in situ' as fosas comúns do franquismo en Galicia Enlace a noticia


"A Fiscalía arxentina solicita á xuíza María Servini de Cubría, instrutora da causa que se desenvolve desde ese país contra os crimes do franquismo, visitar as fosas comúns de Galicia onde permanecen os corpos de moreas de asasinados durante a guerra civil e a ditadura. 
Nun extenso ditame ao que tivo acceso Praza, o fiscal federal Ramiro González exhorta a xuíza para que "avalíe a pertinencia de concorrer in situ á Comunidade Autónoma de Galicia, visitar as fosas comúns e o campo de concentración de Camposancos", en referencia ao antigo colexio dos Xesuítas da Guarda que serviu de cárcere e lugar de torturas para o fascismo."






Estado no que se encontraba a Fosa Común no ano 1981.
Asi comeza o artigo que onte publicou Miguel Pardo en Praza Pública e que enmarca perfectamente un dos puntos a tratar nestes primeiros dias do blog.
A necesidade de respostas de moita xente e a inoperancia e trabas que pon o estado español a investigacións do franquismo, fai que teña que ser una nación tan cercana a Galiza como é Arxentina a que o faga, O pais onde moitos galegos marcharon a buscar as "Américas" e trala guerra, outros tantos represaliados galegos marcharon con nostalxía, naqueles barcos ateigados de soños non cumplidos sobre una Galiza e unha España mellor.

Luis Seoane, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste y Carmen Muñoz, Lorenzo Varela, José Núñez Búa, Blanco Amor, A. Alonso Ríos, Basilio Álvarez, Álvaro Mª Casas, Castelao. Son alguns dos nomes de moitos galegos ilustres que tiveron que deixar a patria pola que tanto loitaran, para recalar na chamada quinta provincia galega, que os acolleu coma seus.

Para eles Buenos Aires foi a liberdade, dunha dictadura cruel e sanguinaria que deixou as cunetas e praias galegas manchadas de sangue, coma na nosa vila. É de Buenos Aires agora, dende donde chega a liberdade para todas aquelas familias que durante tantos anos calaron as inxustizas cometidas sobre os que non puideron escapar das torturas e vexacións, dos paseos nocturnos e "paredones", dos insultos e os "tiros de gracia", das cunetas e o esquecemento. 
Chega a liberdade de poder libremente recordar e pedir xustiza polos seus. Aqueles que tanto intentaron ocultar a sua vergoña, poden agora erguer a cabeza secar as bágoas gracias a tan olvidada no noso pais "Xustiza universal".

Agora é o momento de rescribir o recordo que pertence ao noso pais, agora é o momento de deixar "todo atado e ben atado" sobre o ocurrido. Por iso decisións coma esta, deben apoiarse dende a administración para non repetir os erros do pasado, e que a Xustiza española debe por todo ó que este ao seu alcance para cooperar ca causa aberta en Arxentina. 

Dende as Xuventudes Socialistas da Guarda, alegrannos esta nova, xa que representa o interes de moitos mozos e mozas que non queren que a historia da sua familia e do seu pobo, as inxustizas cometidas, e os culpables de este xenocidio sexan agochados baixo a alfombra da Historia.


Fosa común da Sangriña


Ningún comentario:

Publicar un comentario