Publicacións populares

domingo, 16 de novembro de 2014

ENTREVISTAS POLA IGUALDADE: Ela soñou...





¿Como é posible que en pleno século XXI a igualdade entre sexos sexa tan dispar? ¿Como é posible que dia a dia vexamos como a muller non ten o lugar que lle corresponde coma igual aos homes? 







Durante a ditadura franquista a figura da muller centrábase en desempeñar as tarefas do fogar, coidar os nenos, ocuparse de ter o plato na mesa cando chegaba o marido, e ata aquí, quedando reducida a sumisa obediente. Ata hai relativamente pouco tempo a muller non tiña dereito de voto, non podia tomar as decisións por si mesma senón que dependian dos seus maridos para todo, incluso ahora de xestionar os seus cartos, naqueles traballos que pouco a pouco se lles foi permitindo exercer. 

Poderíamos dicir que unha vez rematada a ditadura isto comezaría a equilibrarse, ¿pero cambiou todo o que debería ter cambiado? A resposta témola nos nosos dias. Seguen existindo casos nos que a muller queda nunha posición moi inferior con respeto a do home. O exemplo mais claro está no mundo laboral, tanto homes como mulleres están capacitados para desempeñar calquera traballo cas mismas retribucións e cas mesmas responsabilidades, pero segue sendo unha faceta pendente na nosa sociedade malia os intentos levados a cabo baixo gobernos progresistas e organizacións de desenvolvemento feministas. 

As veces estas limitacións fan que mulleres preparadas, perfectamente capacitadas non poidan mostrarlle o mundo canto valen e canto poden. Xa é hora de que a igualdade impere neste pais, é a hora de conseguir esta igualdade de condicións, dereitos sociais e laborais, e sobre todo, liberdade persoal. Queremos mulleres libres, porque como dicía Indira Gandhi, "para liberarse, a muller debe sentirse libre, non para rivalizar cos homes senon libres nas suas capacidades e personalidad."

Non queremos que se tarde vinte anos en conseguir a total liberdade, queremos que sexa xa. Para conseguilo é fundamental deixar atrás todas esas actividades sexistas levadas a cabo tanto pola publicidade das empresas, como por os medios de comunicación, facendo que a muller actual teña cada vez máis impedimentos para ser ela mesma. Son os gobernos os que deben loitar por rematar con esta disparidade, pero somos nos as cidadás as que debemos comezar primeiro ca reflexión persoal e logo ca acción. Acción politica que se desenvolve no día a día de cada unha ao loitar polos nosos soños. 

Dende a Comisión de Igualdade das Xuventudes Socialistas, queremos presentar unha serie de entrevistas con rapazas e mulleres da Guarda e cercanías que nos contaran as suas experiencias persoais loitando polos seus soños. Queremos invitar tamen a todas aquelas mulleres que desexen achegarnos a sua historia, contacten con nos. 

O día 25, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, fai que esta semana sexa moi especial de cara a axudar a que moitas mulleres podan dar un paso adiante cara a súa liberdade, ¿queres colaborar?.

Ningún comentario:

Publicar un comentario