Publicacións populares

luns, 10 de novembro de 2014

Comunicado Comisión de Prensa

A participación cidadá debe ser o camiño a seguir para o socialismo guardés, xa que A Guarda sempre debe ser quen teña o poder da opinión,  E esa é a función de este blog, no que podedes colaborar dando a vosa impresión tanto nos comentarios como con artigos para as seccións.



Polo que, dende as Xuventudes Socialistas da Guarda nos comprometemos a achegarlle ao grupo municipal socialista todalas opinions e ideas. Ademais intentaremos ter contacto co resto de organizacións políticas guardesas para mellorar a presenza da mocidade en todolos sectores. É necesario que os xovenes demos un paso adiante ante o inmovilismo das administracións dun estado, o "hespañol", como diria Castelao, que leva podre dende fai moitas decadas. Por iso, agora mais que nunca é o momento de movilizarse e utilizar todolos instrumentos democráticos que estan o noso alcance, antes de que o noso futuro este hipotecado.

Dentro das enormes posibillidades que ofrecen as redes sociais para por en común as opinións da mocidade ou calquera persoa que desexe usar os nosos posts, tweets ou subidas ao blog para facer chegar a sua voz ao debate; e na procura de que este sexa constructivo e práctico, reservamonos o dereito a eliminar calquer participación nas seccions de comentarios das nosas paxinas que a comunidade e/ou a organización considere ofensivo tanto a calquera persoa como a un grupo de cidadans en particular.Isto debese a que connfiamos nas ganas da xente de dar a sua opinión de manera respetuosa e construciva, pero non queremos que se use esta plataforma de opnión pública como altofalante para persoas que non coñecen o significado de democracia, e que non respeten aos demais individuos coa educación pertinente. 

Queremos comezar unha nova etapa da mocidade guardesa abrindo as posibilidades de participación na politica local, achegando todolos posibles puntos de acción para a mellora das condicións dunha mocidade moi golpeada nos últimos anos pola crise, vendo como o seu futuro vese ameazado pola mala xestión autonómica e estatal nestes últimos anos. Agradecemos todolos mensaxes para acertar na ruta que collera o blog e as nosas propostas ao grupo municipall a medida que medre esta participación cidada por medio dos devanditas redes sociais.

XUVENTUDES SOCIALISTAS DA GUARDA



Ningún comentario:

Publicar un comentario