Publicacións populares

luns, 10 de novembro de 2014

Presentación Xuventudes Socialistas


Comunicado de prensa pola conformación das Xuventudes Socialistas da Guarda



"[...]Pacifismo, igualdade, internacionalismo, galeguismo, feminismo, república, socialismo, son os alicerces do ideario socialista que queremos imprimir na identidade da mocidade guardesa, na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria[...]"


Dicía Nietzsche que a esperanza era o peor de todos os males, pois prolonga o sufrimento dos homes, pero non nos desanima comezar con moita esperanza e ilusión unha nova etapa das Xuventudes Socialistas da Guarda. Esperanza, iso que tamén din que é o último que se perde e que nos tempos que corren a necesitamos para sobrevivir na turbulencia política que nos rodea.

pu-o-3-.jpg
Esta nova comisión executiva nace da observación, a aprendizaxe e o querer dar un paso adiante na actividade política, na cal debería participar toda a cidadanía, encadrándonos no grupo socialista dos mozos e mozas europeos. Non queremos quitarlle protagonismo a ningunha plataforma local, é máis, agardamos comezar pronto a poñernos en contacto, nun ambiente de participación colectiva que os tempos esixen, para ser xunto con eles a voz da sociedade guardesa. Botamos en falta, como mocidade que forma parte desta sociedade, máis actividade e movemento, que implica participación na vida política de A Guarda e Galicia

Como plataforma local, queremos ser o altofalante da mocidade, pero tamén darlles a oportunidade de participar na vida política da nosa vila, coas diversas actividades que iremos desenvolvendo ou tamén pola posible militancia nas XSG, que é aberta a todos e cada un dos que se sintan identificados connosco, porque como se di moito hoxe en día, se ti non decides, outros decidiran por ti.

Temos a esperanza de encontrar boa acollida dos guardeses, que se xa ten caracterizado sempre polo sentido común e o bo face no ámbito social. Igualmente agardamos que a clase política faga uso do instrumento político que lles brindamos, estando abertos a axudar no que necesiten para mellorar o futuro dos mozos e mozas. Queremos deixar para o último lugar, pero non por iso menos importante, que temos a esperanza de cambiar a visión do socialismo na nosa sociedade como alternativa ante as posturas que lle dan as costas aos desexos e necesidades dos cidadáns, utilizando os mecanismos políticos para chamar á apertura dun proceso constituínte cara unha verdadeira forma de democracia

Pacifismo, igualdade, internacionalismo, galeguismo, feminismo, república, socialismo, son os alicerces do ideario socialista que queremos imprimir na identidade da mocidade guardesa, na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria

Queremos aproveitar para poñer en valor os grandes avances que se produciron na vila froito dun goberno socialista que mantivo dende sempre como bandeira escoitar aos seus veciños e veciñas e traballar a reo polos seus dereitos. Así mesmo, comprometémonos a seguir o traballo feito ca anterior directiva, contando sempre coa opinión dos mozos e mozas do pobo, para conseguir que siga avanzando en servizo e atención á cidadanía.

A Secretaria Xeral, Bárbara Domínguez

Ningún comentario:

Publicar un comentario