Publicacións populares

mércores, 19 de novembro de 2014

ANAIR LOMBA, Ela soñou... con ser futbolista.

Seguramente a moitos, o apodo de Lombi os traia a moitas persoas a cabeza, debido a que é un dos apelidos guardeses por antonomasia. Pero se dicimos que falamos de fubol femenino, as dudas aclaranse, e unímolo ao nome de Anair. 


Anair Lomba, é ata o de agora, a xogadora de futbol guardesa que máis arriba chegou, e que mellor que ela, triunfadora nun mundo de homes, para inagurar esta serie de entrevistas sobre as dificultades que moitas mulleres sufren na sua vida, na loita polos seus soños.




Anair no seu actual club
Ainda que leva moito lonxe dos campos de terra guardeses, eses que a viron medrar e loitar contra os nenos na Guarda nos seus primeiros anos, Anair Lomba, (A Guarda, 1989), non esquece donde comezou a labrar a sua historia. 

¿Con cantos anos empezaste a xogar ao futbol?


Pois ainda que non comencei nun equipo de verdade hasta os oito anos levo xogando o fútbol dende que teño uso de razón. O meu primer equipo foi a Unión Deportiva a Guía, no que estiven ata os 13 anos antes de coller dirección Barcelona para xogar no F.C. Barcelona. Antes de irme xoguei un par de partidos amistosos coa Unión Guardesa, o equipo feminino do pobo.
 ¿Que recordas dos primeiros anos xogando na Guarda?
Todo son bos recordos. Xogaba con amigos, familiares, compañeiros da escola e ainda que era a única nena sempre me trataron moi ben. Disfrutaba xogando que era do que se trataba, aprendía e ainda enriba tiñamos un gran equipo co que conseguimos moitos torneos dos que xogabamos.
 ¿Como recibiron na casa que lles saira unha nena futbolista?
A verdade é que a min sempre me apoiaron, nunca me puxeron ningunha pega. Sempre loitaron comigo por cumplir os meus soños. Meus pais viñanme buscar e levar sempre a cada entreno e cada domingo pola mañá estaban no campo, daba igual que fixera sol, chovera ou tronase, sempre estaban na bancada animandome.
Moitos din que incluso de nova xa tiñas máis calidade que outros compañeiros do teu de equipo, ¿notabas que te vanagloriaban máis por ser moza?
 Sempre considerei que as mulleres tecnicamente son moito mellores que os homes. O único que nos falla e o físico, pero nesas idades se iguala. Así que non sei se a xente diciao polo feito de ser muller ou realmente diciao polo que era. A verdade que a esa idade pensaba en desfrutar, e dabame igual o que pensaran de mi. 
Falabas antes de que chegaches a xogar un par de partidos na Unión Guardesa, ¿Como viviches a creación do club?
A verdade é que o pobo necesitaba un equipo así porque cada vez mais mulleres disfrutaban do futbol e existía una norma ridícula que impedía as mulleres seguir xogando cos homes a partir dos 14 anos. Se non se houbese creado o equipo moitas nenas ou xa mozas non poderían disfrutar da súa paixón, e para min, una persoa en particular, que nunca sae en ningun lado nin se valora, é Nito, que ten moito que ver con isto. (Nito é Juan Videira Barcia, actual presidente da U.D A Guía.)
Anair na súa época na U.D. Guía, con Nito, vestido de azul. (Fuente: U.D.Guia)
Por cousas coma esa norma que mencionas, que impedía que non poiderades continuar xogando cos nenos, ¿crees que loitaches en igualdad de oportunidades? ¿Vicheste discriminada na tua proyección por ser muller?
Recordo que en esa época tanto os meus pais coma min pedimos poder xogar no Sporting Guardes, como o resto dos xogadores e nun principio negaronse. Sentinme moi discriminada porque eu quería seguir xogando cos meus compañeiros. Non recordo se ao final conseguimolos porque chegou a oportunidade do Barça e non dubidei. Por outro lado considero que se non fora muller non tería as oportunidades que tiven de xogar donde e xogado. Loiten moito por conseguir os meus soños ainda que moitas portas se cerraran e recibira moitos insultos no camiño.

¿Crees que os equipos profesionais deben ter unha sección femenina, para impulsar máis este deporte, coma pasa con alguns grandes clubs como no que te fichou cando eras nova, ou no que estas agora?
Creo que os grandes clubes deberían ter esta sección si ou si, obligatoriamente, polo nome que lle daría un pulo mediatico, economía, por recoñecemento, e porque as mulleres, ainda que sexan mulleres, tamen soñan con xogar no Barça, o Espanyol ou no Madrid.
¿Ti cumpliches ese soño, que lle dirias a nena que comeza agora a plantearse xogar profesionalmente, ou aos seus pais que ven que se vai enfrentar a un mundo donde un futuro e tan dificil?
Loitar polos soños é solo unha maneira máis de divertirse e facer o que te gusta. Cando te divertes o vas sentindo cada día máis e cando o sintes non te queda máis remedio que loitar por superarte, a ti mesmo e a todalos obstáculos que se te poñan por diante. Asique ao final, como todo na vida, só hai que divertirse traballando. E aos pais e nais, dirialle que loiten por ver felices aos seus fillos. Se a súa filla lle gusta o balón que loiten con eles, que tenten facerllo máis facil. Ao final nada neste mundo aportate máis valores que o deporte.
¿Donde crees que estarías agora se non foses futbolista?
Nunca me planteei nada que non fora ser futbolista, pero supoño que algo relacionado co deporte.

Fai pouco volveches a Cataluña para embarcarte noutra aventura esta vez no Espanyol, pero antes tiveches unha etapa no Olivo vigués, ¿Como foi a volta a Galiza, notaches as diferencias de nivel respecto a cando marchaste?
Para mi o nivel e moito máis alto en Cataluña, o numero de licencias de xogadoreas nun lado e outro marca a diferencia por exemplo. Notei o nivel ao marchar e noteino ao volver. Sempre dixen que para min o grupo I, o galego, debería subir o nivel se realmente quere optar a ter un equipo que se consolide na primeira división.



A televisión, a prensa, a propia federación incluso, ao non impulsar medidas coma esa, ¿crees que non levan o futbol feminino ao lugar que se merece?
As cousas cambiaron moito nos ultimos anos, ainda que todavía queda moito por facer. Agora cada semana televisan un partido de futbol femenino, pero por un medio privado , e un diario deportivo de tirada nacional adicanos unha páxina cada luns. Ademáis a federación española esta revisando as medidas para axudarnos máis. Se nos comparamos co futbol masculino non temos nada, pero respecto aos últimos anos, é un gran avance. Falta moito, as xogadoras de agora temos que seguir pelexando para que nuns anos as nosas nenas podan disfrutar dun deporte máis igualitario e cas mesmas oportunidades que os homes.



No largo camiño cara o equilibrio entre deportes masculinos e femeninos, ¿onde situarías a España? ¿queda moito por facer respecto a outros paises?
Quedanos moito por facer, moitísimo, pero creo que o máis dificil xa o pasamos. Se nos comparamos con outros paises como Alemania ou Suecia, as diferencias son abismales. Se temos en conta todo o que move o futbol masculino neste pais e o comparamos co femenino, estamos a anos-luz de paises onde as mulleres son profesionais e poden dedicarse ao 100% a xogar ao futbol. En españa tes que estudar ou traballar. Mentras iso non cambie non poderemos falar de igualdade. Por non falar do descoñecemento, estou segura por exemplo que cualquier xogador de Primeira división non podería ir no metro tranquilamente coma min, ou dar un paseo traqnuilo polo porto da Guarda sen que ninguen se lle acercara a pedirlle un autografo ou unha foto. Eu estou deseando volver a casa e estou segura de que ninguen me parara a pedirme nada.

¿Que é o que máis botas de menos da Guarda agora que non podes vir tan a menudo?
Os paseos polo porto co meu can; os caféciños ou as cervezas mentras se pon o sol cos amigos arredor. O meu irmán a miña familia, e teño que dicilo,... A festa guardesa, que non esta nada mal tampouco.
¿cal é a muller que máis crees que te marcou na túa vida?
A miña avoa, creo que a miña avoa Lela, sempre sera un exemplo de loita para min, e este onde este, serao sempre.

¿A que máis marcou o deporte guardés?
Julia Vaquero, todos e todas crecimos observando os seus éxitos e co paso do tempo fomos esquecendooa.
A última, ¿no mundo, a muller que admiras?
Todas é cada unha das que cada dia dan un paso adiante para lograr as suas metas, a pesar de que sexa difícil.


COMISIÓN DE IGUALDADE DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DA GUARDA 

Ningún comentario:

Publicar un comentario