Gameleiros recollendo as redes. Fonte: Atlántico Diario |
Esta arte tradicional, que consta dunha rede de arrastre que só esta a deriva entre duas e tres horas, é utilizada para a pesca da sardiña sobretodo e demostrou ser moi selectiva cas especies, xa que non se capturan mais que e ocasionalmente algunha xarda ou xurel, pero en moi pouca proporción respecto a sardiña. Ademais é un arte moi respetuosa co medio xa que ao estar todo o tempo a deriva, non toca os fondos mariños, a diferencia de outras artes.
A pesar de existir moitas recomendacións sobre a necesidade de preservar este tipo de pescas, estase equiparando ca súa prohibición a artes de pesca mayores que durante moitos anos levan pescando a pesar de demostrar que eran perxudiciais a longo prazo como as volantes ou outras artes. A necesidade dunha pesca selectiva e respetuosa co noso medio nas suas distintas artes debería ser unha prioridade para a Xunta de Galicia ante Europa, na busqueda dunha solución máis que necesaria para un sector moi castigado e tradicionalmente motor de moitos pobos como é o noso. Moitas familias viven destas artes tradicionais, respetuosas co medio e piar durante moitos anos do rural galego, e agora máis que nunca hai que preservalas.
Pescadores do Xeito ante o Parlamento de Galiza Fuente: Europa Press |
COMISIÓN DE POLITICA LOCAL
XUVENTUDES SOCIALISTAS DA GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario